Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Emulsións > Emulsións bituminosas convencionais e modificadas

Emulsións bituminosas convencionais e modificadas

Autopista

As emulsións bituminosas son dispersións coloidais de glóbulos de betume dentro dunha fase acuosa, composta xeralmente por auga e un axente emulsionante de carácter aniónico ou catiónico co fin de favorecer a súa dispersión, mesturado e adherencia a temperatura ambiente. As emulsións posibilitan a aplicación do ligante bituminoso en frío, evitando deste modo o quentamento de áridos e betumes.

Para algúns tipos de tratamentos, como as regas, as caleas e as mesturas en frío, son ben coñecidas as vantaxes que achegan as emulsións bituminosas: facilidade de emprego, flexibilidade estrutural, etc.
Repsol YPF Lubricantes y Especialidades dispoñen da tecnoloxía e as instalacións necesarias para a fabricación de calquera tipo de emulsión: catónicas e aniónicas de rotura rápida, media, lenta e sobreestabilizadas que cobren todos os campos de emprego destes materiais.

En caso de empregar para a fabricación de emulsións betumes modificados con polímeros obtéñense as emulsións modificadas, presentando polo tanto as vantaxes propias dun betume modificado con polímeros, sendo adecuado o emprego destas emulsións ante a presenza de tráfico pesado e climatoloxía extrema.

As emulsións bituminosas convencionais e modificadas comercialízanse en España baixo as especificacións recollidas no Prego de Prescricións Técnicas. Cada tipo especificado emprégase para diferentes usos: regas de adherencia, de imprimación, tratamentos superficiais, aglomerados en frío, grava-emulsións, caleas bituminosas (slurry seal), etc.

 

Emulsións Bituminosas (PDF 64 Kb)

Emulsións con Betume modificado (PDF 72 Kb)


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.