Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Asfaltos > Información de produtos > Betumes modificados con polímeros

Betumes modificados

Asfaltado de carreteraO betume modificado con polímeros desenvolvido por Repsol YPF defínese como un ligante mellorado obtido por dúas vías: unha vía física que proporciona a mestura de betume e polímero macroscópica homoxénea e outra vía química que obtén o betume por reticulación química. Estes procesos desenvolvidos e patentados por Repsol YPF permiten a incorporación do polímero no betume obtendo betumes modificados estábeis ao almacenamento de alta calidade. Estes betumes comercialízanse no mercado coa marca Modifal.

A modificación dos betumes con polímeros permite desenvolver sistemas de pavimentación de maiores prestacións que se adapten ao aumento do tráfico e as maiores esixencias derivadas deste, supoñendo unha maior durabilidade e un aforro en custo por mantemento.

A fabricación de betumes modificados realízase nas instalacións de Repsol Lubricantes y Especialidades S.A. Un exhaustivo control das materias primas asegura unha continuidade nos niveis de calidade do produto, así como a subministración regular aos clientes.

Os betumes modificados comercialízanse baixo as especificacións españolas recollidas no Prego de Prescricións Técnicas do Ministerio de Fomento, aínda que o alto coñecemento deste tipo de tecnoloxías permite elaborar os betumes axeitados a calquera especificación.

A aplicación dos betumes modificados céntrase principalmente na fabricación de mesturas drenantes, discontinuas de baixo espesor, mesturas anti-remonte de fisuras e para emulsións de betume modificado.

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.