O betume multigrao é un ligante especial que, para a mesma penetración que un betume convencional, presenta unha menor susceptibilidade térmica. É dicir, é menos fráxil a baixas temperaturas e máis consistente a altas. As mesturas fabricadas con este tipo de betumes ofrecen unha mellor resistencia á formación de rodeiras e ao esgotamento por fatiga.
Repsol YPF realizou nos últimos tempos un esforzo importante na investigación e no desenvolvemento de novos ligantes, que resolvan as carencias dos ligantes convencionais en determinadas condicións de servizo.
Estas características fan que o Betume Multigrao sexa un ligante excepcional para estradas que sofren temperaturas de servizo extremas, son idóneos en climas onde o gradiente de temperaturas é moi amplo.
Co betume multigrao, Repsol YPF amplía a gama de produtos feitos á medida da estrada.
Estes betumes son aplicábeis a todo tipo de mesturas bituminosas e especialmente en capas de rodamento con fortes solicitudes de tráfico como por exemplo, carrís lentos, de tráfico pesado e canalizado, autoestradas, áreas de peaxes, interseccións de rúas, dársenas de portos e áreas de estacionamento en xeral. Son idóneos para climas onde o gradiente de temperaturas é moi amplo.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.