
Os Betumes Asfálticos son ligantes hidrocarbonados procedentes da destilación do petróleo. Presentan un comportamento visco-elástico que depende da temperatura.
Tamén se denominan betumes de penetración xa que esta propiedade, a penetración, serve para a súa clasificación.
O betume é o compoñente que aglomera e dá cohesión nas mesturas bituminosas e, a igualdade granulométrica, é o principal responsábel das propiedades destas. A súa consistencia pode modificarse coa temperatura o que permite a súa doada manipulación, a envolta dos áridos, a compactación das mesturas e o seu axeitado comportamento a temperaturas de servizo.
Logo dunha axeitada escolla do cesto de crus, Repsol YPF emprega a destilación fraccionada a baleiro (straight run) en todos os seus centros, o que permite obter betumes asfálticos que cumpren as máis esixentes especificacións. Estes betumes son comercializados por Repsol YPF Lubricantes e Especialidades S.A. no mercado español e nos mercados de exportación.
Comercialízanse en España baixo as especificacións nacionais recollidas no Prego de Prescricións Técnicas, axustándose ás esixencias dos clientes en exportación. Os graos de penetración que se especifican son 13/22, 40/50, 60/70, 80/100 e 150/200. Ademais, os laboratorios de Repsol YPF dispoñen de equipos especiais para a determinación do grao SHRP nos seus betumes.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.