Valladolid acollerá o primeiro Foro Internacional de Transporte Rural - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vehículos Industriais > Noticias > Actualidade
Valladolid acollerá o primeiro Foro Internacional de Transporte Rural

Copy DAF

O recinto da Feira de Mostras de Valladolid é o escenario elixido para acoller o vindeiro 21 de abril o primeiro Foro Internacional do Transporte Rural. Un evento organizado por Fenebús e a Xunta de Castela e León, en colaboración con GMV que debaterá sobre a problemática do transporte no eido rural.

O primeiro Foro Internacional de Transporte Rural contará con tres mesas de traballo, na que se exporá e debaterá sobre os problemas do transporte rural, así como as diferentes experiencias nas comunidades autónomas e proxectos relacionados estreitamente co tema, de carácter internacional.

A primeira mesa deste foro internacional, contará, ademais doutras personalidades, con Juan Luis de las Rivas, arquitecto e profesor de Urbanismo na Universidade de Valladolid, Juan de Oña, profesor do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade de Granada, e José Luis Pertierra, director de Fenebús.

Na segunda mesa, adicada ás experiencias a nivel nacional, contarase coa presenza de Juan Miguel Sánchez, director de Transporte Terrestre do Ministerio de Fomento, que será o moderador da devandita mesa. No referente á terceira mesa que completa este foro internacional, adicará a súa análise e debate ás experiencias internacionais do transporte rural, con destacadas presenzas como a de Matthias Ruette, da Dirección Xeral de Transporte e Enerxía da Comisión Europea.

18/03/2010

Últimas noticias

> As matriculacións de industriais caeron un 7,3 por cento en febreiro
> DAF lidera o mercado europeo de tractocamións


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.