Chega o novo Fiat Dobló: preparado para todo - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vehículos Industriais > Noticias > Actualidade
Chega o novo Fiat Dobló: preparado para todo

Copy Fiat Professional

Fiat xa ten no mercado unha das súas apostas fortes de cara a este ano 2010. O novo Fiat Dobló chega ao mercado cunha nova perspectiva. Desde a firma italiana procurouse o punto de encontro dun espazo adicado á xente que goza de viaxar en compaña, así como para aqueles que o destinan ao seu tempo libre ou no traballo.

Estilo, motores e características técnicas, todo iso foi anovado pola firma italiana nesta nova versión do Fiat Dobló que xa se atopa dispoñible no mercado. O redeseño do Dobló baseouse na resposta a unhas necesidades de funcionamento e confort que aproveita de xeito intelixente o seu espazo interior e ofrece a posibilidade de albergar ata sete persoas.

O novo Dobló está dispoñible nas versións Panorama, Cargo e Combi. A versión Panorama, destinada ao uso de particulares, dispón de catro motores e tres terminacións, como son Active, Dynamic e Emotion. Cun motor de gasolina 1.4 de 95 cabalos e tres propulsores diésel Multijet de 90, 105 e 135 cabalos respectivamente.

O novo Dobló Cargo presenta un compartimento de carga máis amplo ca o anterior. Ademais dispón de portas laterais corredoiras e unhas traseiras de gran tamaño. Todo iso pensado para facilitar ao máximo os labores de carga e descarga. A nova gama está preparada para garantir importantes beneficios no referente á mellora e redución dos gastos de mantemento.

23/02/2010

Últimas noticias

> As matriculacións de camións volven caer durante xaneiro
> O Plan VIVE Autobuses 2010 contará con 166 millóns de euros de orzamento


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.