Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motos > Noticias > Breves

Breves

Chaman a revisión á Derbi GP1 250 Racing
Facua-Consumidores en Acción informou que un defecto de fábrica nas motocicletas Derbi GP1 250 Racing pode provocar unha fuga de combustible. Incluíuse xa na rede de alerta de produtos industriais inseguros, por ese defecto no depósito de combustible mediante o cal se poden producir perdas de combustible baixo certas condicións de uso concretas.
Magic Tricycle: unha trike-moto transformábel
É aínda un concepto, pero xa sorprendeu o Magic Tricycle do vencedor na categoría Estudante do premio de Car Design News ao deseño máis innovador e fresco. O concepto, que ao principio é un trike, pódese converter se as condicións de tráfico así o requiren nun vehículo de dúas rodas, pero coa particularidade de que os pasaxeiros móvense para repartir os pesos.
Zamora súmase ao espazo para as motos na cidade
O Concello de Zamora xa expuxo un proxecto para estabelecer antes do próximo outono, tres áreas exclusivas para aparcar motos na cidade. O crecente número de vehículos no parque moteiro, esta levando consigo proxectos de ampliación e adecuación de zonas reservadas para motocicletas en distintas cidades. Deste xeito Zamora súmase a este labor e prentende dar servizo ao parking moteiro con preto de 45 novas prazas cos tres novos puntos de aparcadoiro.
Monxes budistas dan consellos de tráfico
Unha iniciativa da Dirección Xeral de Tráfico presenta unha campaña na que xunto con monxes budistas presentaron un manual de condución reflexiva e responsable : “Live Peace”, creado polos propios monxes do Garraf.
Investigación, desenvolvemento e motos.
A fundación Moto Engineering Fundation puxo en marcha un reto entre distintas universidades de todo o mundo que ten como obxectivo potenciar a investigación, o desenvolvemento e, sobre todo, a formación dos estudantes de cara ao seu futuro laboral. O reto consiste en desenvolver desde o primeiro bosquexo un prototipo de competición de 125 centímetros cúbicos, que competirá xunto cos demais aspirantes nunhas xornadas na Cidade do Motor en Aragón.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.