O Vespa World Days terá como punto de encontro este ano a pequena localidade siciliana de Cefalú. A cita, prevista entre os días 24 e 27 do vindeiro mes de abril, congregará os miles de afeccionados á clásica marca, que acoden como cada ano a esta concentración moteira. Sicilia converterase por primeira vez na sede deste acontecemento que reúne anualmente a miles de persoas.
O ano pasado San Marino tivo o privilexio de contemplar como máis de 5000 persoas se reunían para render esta homenaxe anual á mítica marca. O Vespa World Days 2007 de San Marino foi todo un éxito e tivo como unha das actividades máis espectaculares a ascensión ao monte Titano, na que participaron até 4000 Vespas.
Sicilia foi a escollida o pasado mes de decembro para acoller este ano o grande evento que rende homenaxe á marca de scooters, organizado pola Axencia de Palermo Stratos DMC en colaboración cos Clubs Vespa do sur Italia e o Club Vespa de Sicilia. O patrocinio chega da man do Vespa World Days, organismo creado por Piaggio & C.S.p.a. e a Fundación Piaggio para potenciar o patrimonio cultural que atesoura este clásico modelo.
No Vespa World Days 2008 poderase atopar como en edicións anteriores a chamada Cidade Vespa, onde os fans atoparán todo o relacionado coa mítica scooter, ademais de contemplar exposicións de modelos clásicos procedentes do Museo de Piaggio en Pontedera. Tamén como pasou en San Marino no 2007 organizaranse rutas e excursións a distintos puntos artísticos da rexión.
31/01/2008
Últimas noticias:
- Apoio institucional
- Moteiros de Aragón denuncia ás institucións
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.