Gilera GP 800: potente e veloz - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motos > Noticias > Actualidade
Gilera GP 800: potente e veloz

Copy Gilera

A firma Gilera ten unha novidade dentro da súa gama de motocicletas co modelo Gilera GP 800. Unha moto de estrada que combina, cun equilibrio prefecto, a potencia, a velocidade e a seguridade. Sen dúbida, a GP 800 supón un paso adiante importante para Gilera, xa que é unha moto importantísima dentro da gama da firma moteira.

A idea de superar a scooter aparece reflectida na liña e nas características do novo modelo de Gilera GP800. O novo modelo de Gilera caracterízase por marcar unha liña moi dinámica e clara, seguindo a tradición italiana, e por unha estrutura caracterizada polo bastidor potente de duplo berce de tubos de aceiro que rodea o motor bicilíndrico que monta Gilera para este modelo.

O propulsor que monta é un bicilíndrico en V de 90 graos, con inxección electrónica, 4 válvulas por cilindro e refrixeración líquida. Malia se desmarcar un punto das scooter, a nova Gilera GP 800 quere manter o punto de practicidade que teñen estas e isto conséguese a través dunha transmisión automática CVT incrementada polo efecto do freo motor.

O panel ou taboleiro de instrumentos combina perfectamente a instrumentación analóxica coa dixital, cun deseño onde se combinan pantallas LCD coa instrumentación analóxica de sempre. Un dos led situados no centro do taquímetro indica o funcionamento do sistema antirroubo electrónico Immobilizer.

02/02/2009

Últimas noticias

> As vendas de motos descenderon 100.000 unidades o pasado ano
> Honda Scoopy: clásico renovado


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.