A firma xaponesa anunciou que o seu novo modelo CRF 250L estará dispoñíbel a partir do segundo semestre do ano na súa rede de concesionarios en España.
O prezo das motocicletas segue descendendo e durante o pasado mes de marzo viuse reducido en case un 6 por cento con respecto ao mesmo período do pasado ano 2011.
O pasado mes de marzo volveu a rexistrar unha nova caída nas vendas de motocicletas e ciclomotores. Segundo os datos das Asociación Nacional de Empresas do Sector de Dúas Rodas, durante o pasado mes rexistráronse un total de 8.788 unidades matriculadas.
MotoMadrid pechou con éxito a súa primeira edición no Pavillón de Cristal da Casa de Campo. Tres xornadas nas que miles de afeccionados pasaron polo recinto madrileño para gozar das últimas novidades do mundo das dúas rodas.
O novo modelo SRV 850 da firma italiana baséase no modelo lanzado por Piaggio en 2007 GP 800. Unha evolución daquela scooter con matices máis deportivos, máis prestacións e un rendemento máis alto do motor.