SALÓN FRANKFURT - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coches > Salóns > Frankfurt 2007
SALÓN FRANKFURT
Volkswagen

  • Tiguan
  • City Expert- Concept Car
  • Gama Bluemotion

Volkswagen Tiguan

Volkswagen Tiguan

A firma alemá acude ao Salón de Frankfurt da man dunha das novidades máis destacadas do evento: o novo Tiguan. Este todocamiño, irmán pequeno do Touareg, foi deseñado para o goce do lecer e ofrece, á vez, o máximo rendemento na cidade. Volkswagen equipará a este vehículo, por primeira vez e de forma exclusiva, con propulsores turboalimentados de inxección directa que reducen o consumo e as emisións de dióxido de carbono sen renunciar ás máis altas prestacións. Outra das novidades deste vehículo é que estará dotado con Park Assist, un sistema de asistencia que se monta nun vehículo por primeira vez no mundo. O Tiguan incorporará de saída tres motores TSI de 150, 170 e 200 CV e dous TDI de 120 e 170 CV.

 

 


Volkswagen City Expert

Volkswagen City Expert

O concept car City Expert é outras das novidades mundiais que Volkswagen presentará en Frankfurt. A disposición posterior do motor de tres cilindros é a principal novidade deste pequeno automóbil de catro prazas que chegará ao mercado arredor do ano 2010. A marca alemá producirá dúas versións deste coche, unha destinada ao mercado europeo, pensada para o ambiente metropolitano e con reducidas emisións de dióxido de carbono e outra para mercados emerxentes como Brasil, China, Rusia ou a India, que tería menos equipamento e menos seguridade pero sería máis barata.

Ademais destes dous modelos, o stand de Volkswagen, que exhibirá un total de 50 modelos, presentará por primeira vez seis novos modelos BlueMotion, entre os que se atopa o Golf.


As marcas do Salón
separador

> Alfa Romeo

> Citroën

> Kia

> Nissan

> SsangYong

> Aston Martin

> Corvette

> Lada

> Opel

> Subaru

> Audi

> Dodge

> Lancia

> Peugeot

> Suzuki

> Bentley

> Ferrari

> Lexus

> Porsche

> Toyota

> BMW

> Fiat

> Maserati

> Renault

> Volkswagen

> Brilliance

> Ford

> Mazda

> Saab

> Volvo

> Cadillac

> Honda

> Mercedes

> Seat

 

> Chrevrolet

> Hyundai

> Mini

> Skoda

 

> Chrysler

> Jaguar

> Mitsubishi

> Smart

 

<< Inicio


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.