
Jeep Renegade
Chrysler chega a Detroit cheíño de novidades. Un dos prototipos que exhibirá no Salón é o Jeep Renegade, un espectacular todoterreo bipraza comprometido co medio ambiente. Así, este concept foi deseñado en aluminio para reducir o seu peso e emprega un motor Bluetec diésel e unha batería de ión-litio que permite rebaixar o seu consumo até os 2,3 litros por cada 100 quilómetros.

Dodge ZEO Concept
Unha tecnoloxía similar equipa o Dodge ZEO Concept, un catro prazas con aparencia de 2+2 coupé. Este atractivo prototipo conta cun propulsor eléctrico de ión-litio con autonomía para 400 quilómetros.

Chrysler ecoVoyager
O terceiro dos modelos que a firma americana exhibirá na mostra é o Chrysler ecoVoyager, un prototipo co que a marca pretende ligar o económico e o ecolóxico cunha condución excitante, xa que este vehículo ten un motor eléctrico de 272 CV capaz de alimentar o coche durante 480 km.

Volkswagen UP! Concept
Dende Alemaña chegará tamén o pequeno Volkswagen UP! que foi unha das novidades máis destacadas de Frankfurt. En Tokío ademais VW exhibirá diversas variantes construídas sobre a mesma plataforma.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.