Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Volvo

  • V70
  • XC 70  
V70
Volvo V70

Volvo V70

A terceira xeración do V70, que é a versión familiar do buque insignia da Volvo, o S80, non chegará aos concesionarios españois até o vindeiro outubro, pero xa se poden facer pedidos. Como nos ten acostumados a marca sueca, destaca pola cantidade de equipamento de serie e opcional en canto a seguridade. En canto aos motores, a gama presenta dende o primeiro momento tres gasolina e dous Diésel. Estes últimos son 2.4 litros de cinco cilindros e potencias de 163 e 185 CV. A gama gasolina a forma un cinco cilindros turboalimentado de 200 CV, un seis cilindros atmosférico de 238 CV e o novo propulsor turboalimentado de 286 CV.

Volvo XC 70
Volvo XC 70

Volvo XC 70

A versión todo camiño do V70, o XC 70, ofrece a posibilidade de circular por fóra da estrada. Para iso, Volvo aumentou a altura libre ao chan até deixalo en 21 cm e dotouno dunha serie de plásticos que serven de protección do parachoques, os pasos da roda e a parte baixa das portas. Dispón dun sistema de tracción conectable , e aínda que non ten redutora si conta cun control de descenso electrónico e axuda á arrincada en rampla nas versións co cambio manual, que mantén o coche freado até que se pise o acelerador. Poderase escoller entre dous motores, un de gasolina de 238 CV e outro turbodiésel de 185 CV.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.