Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Volkswagen

  • Golf Variant
  • Passat Bluemotion
  • Passat R36
  • Phaeton 
Volkswagen Golf Variant
Volkswagen Golf Variant

Volkswagen Golf Variant

Na súa terceira edición, o Golf Variant aposta máis que nunca pola exclusividade e a practicidade en perfecta harmonía e ofrece baixo unha imaxe de exclusividade e deseño, un vehículo de gran versatilidade e excelentes prestacións. De feito, unha das súas grandes virtudes é a capacidade do maleteiro, de 505 litros. Outro dos seus novos equipamentos é o amplo teito panorámico, de 1,30 m de lonxitude con apertura eléctrica. Os motores dispoñibles son dous de gasolina (1.6 de 102 CV e o 1.4 TSI de 140 CV) e dous diésel (TDI de 105 CV e 140 CV). Será a partir deste verán cando se comercialice no noso país e os prezos oscilan entre os 20.570 e 29.130 euros.

Passat Bluemotion
Volkswagen Passat Bluemotion

Volkswagen Passat Bluemotion

O Passat Bluemotion, que xa se comercializa no noso país, é o modelo máis ecolóxico da gama Passat, xa que ofrece un consumo de apenas 5,1 litros aos 100 km e limita as emisións de CO2 aos 136gr/km. A filosofía é producir vehículos que combinen un alto nivel de eficiencia coas máximas esixencias de respecto medioambiental, sen sacrificar o pracer da condución. Baixo esta idea Volkswagen lanzou este modelo de notables prestacións e consumo reducido. Pode alcanzar até 193 km/h, e ofrece un consumo medio de tan só 5,1 litros, que chega aos 5,2 no caso do Variant. O seu prezo é de 25.640 euros a berlina e 26.880 o familiar.


Volkswagen Passat R36
Volkswagen Passat R36

Volkswagen Passat R36

O R36 é o Passat máis potente de todos os tempos. Vai equipado cun motor 3.6 V6 FSI de inxección directa de gasolina, que entrega unha potencia de 300 CV, cambio automático de dobre embrague DSG, ademais de tracción total permanente 4Motion. As dúas versións, berlina e Variant, alcanzan unha velocidade máxima limitada a 250 km/h. A berlina acelera de 0 a 100 km/h en 5,6 segundos, e a versión familiar en 5,8 segundos. Conta tamén con elementos externos que o diferencian do resto da gama, como a cor da carrozaría, parachoques exclusivos, grella dianteira ou spoiler na parte traseira.

Volkswagen Phaeton
Volkswagen Phaeton

Volkswagen Phaeton

Volkswagen introduciu lixeiros cambios no seu buque insignia, o Phaeton, ademais dunha nova versión, o V6 TDI de 233 cabalos de potencia máxima, que xa cumpre coa normativa de emisións Euro 5, que entrará en vigor a partir do 2009. Ademais, incorpóranse numerosas innovacións, como o sistema de redución da distancia da freada “Front Scan”, o asistente de cambio de carril “Side Scan”, faros Bi-Xenón coa luz de condución diúrna LED e un novo sistema de navegación mediante DVD.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.