Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Toyota

  • Auris
  • Corolla Sedán   
Toyota Auris 
Toyota Auris

Toyota Auris 

O Toyota Auris é o novo compacto de Toyota e substitúe ao popular Corolla. Está dispoñible coa carrozaría de tres e cinco portas e unha ampla gama de motores, tres diésel e dous gasolina. Entre os primeiros, destaca o 2.2 D-4D 177 CV Clean Power e tamén se ofrecen o 2.0 D-4D de 126 CV e o 1.4 D-4D de 90 CV, mentres que entre os segundos atópanse o VVT-i dual de 124 CV e un 1.4 de 97 CV. Outra estrea destacada na gama é a opcional caixa de cambios MultiModo. Os prezos polos que xa se vende este modelo comezan nos 13.710 euros e van até os 24.740 da versión máis cara. 

Corolla Sedán 
Corolla Sedán

Corolla Sedán

Toyota mantén o nome de Corolla e non o substitúe por Auris no modelo sedán. Este coche, que medrou en dimensións e, obviamente, habitabilidade interior, mellorou na dinámica de condución, o que se traduce en maior estabilidade, un comportamento máis áxil e unha dirección máis precisa. A gama estará dispoñible co novo VVT-i Dual de 1.6 litros de 124 CV, co 2.0 D-4D de 126 CV e mantense o D-4D de 1.4 litros de 90CV. As caixas son manuais de cinco velocidades excepto a versión máis potente, que conta con seis relacións. Como opción, pódese escoller a MultiModo, con mandos no volante. Os prezos oscilan entre os 16.650 e os 21.360 euros. 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.