Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Smart

  • Fortwo
  • Fortwo Brabus   
Smart Fortwo
Smart Fortwo

Smart Fortwo

O Smart Fortwo creceu, aínda que segue sendo un utilitario de dúas prazas para usar principalmente polas cidades. A nova xeración está dispoñible coa carrozaría pechada ou convertible e pódese escoller entre tres motorizacións gasolina (61, 71 ou 84 CV ) e unha variante diésel (45 CV). Os catro motores son tres cilindros e teñen unha capacidade de 999 cc. O cambio de marcha en todos os casos é manual, pero sen embrague e cunha panca de accionamento eléctrico, e os prezos van dende os 9.500 até os 16.000 euros.

Smart Fortwo Brabus
Smart Fortwo Brabus

Smart Fortwo Brabus

A partir do próximo outono estará dispoñible a versión máis deportiva do Smart Fortwo, o Brabus. A principal diferenza co resto da gama é o motor. O Brabus emprega o mesmo bloque que os demais, pero este ten un turbocompresor que lle facilita alcanzar os 98 CV de potencia. Como transmisión, utiliza un cambio automático de cinco marchas con función secuencial. Ademais, os seus principais trazos distintivos son axustes específicos da suspensión, rodas de maior tamaño e outros detalles que o dotan dun carácter máis ‘racing’.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.