
Renault Twingo
O Novo Twingo, que se comercializa dende este mes de xuño, perfecciona as prestacións do seu antecesor ademais de ofrecer unhas calidades dinámicas superiores. Cunhas dimensións que non pasan dos 3,60 m, o interior é moi modulable. Nas prazas traseiras, en función das versións, dispón dun asento fixo ou dous asentos independentes e desprazables. Segue sendo moi accesible, o prezo da versión básica apenas superará os 8.000 euros e os motores dispoñibles son tres de gasolina (1.2 60 CV, 1.2 16v 75 CV e o novo TCE 100 CV), e un diésel (1.5 dCi 70 CV).

Renault Mégane Renault Sport dCi
Renault completa a súa gama de vehículos deportivos coa presentación dun Mégane Renault Sport que vai equipado cun motor de ciclo diésel de altas prestacións, o 2.0 dCi con inxección common rail de 175 CV. Ademais de ofrecer unhas prestacións deportivas, conta cun consumo en ciclo mixto de tan só 6,5 litros cada 100 km. Ofrécese en carrozaría de tres e cinco portas e co chasis endurecido de tipo sport. De xeito opcional pódese escoller o de tipo “Cup”, máis radical. Xa está á venda e o seu prezo vai de 26.650 a 29.760 euros.

Renault Scénic Conquest
O Conquest é unha versión do Scénic con cambios na suspensión e na carrozaría, que o dotan de certa capacidade para moverse fóra da estrada. Ao contrario do que pasaba coa versión RX4, non contará coa tracción ás catro rodas, senón dianteira, e os engadidos serven unicamente como protección e elementos decorativos. A suspensión eleva o coche sobre o chan en 20 mm. e evolucionou para facelo máis cómodo cando se circula por terreo con fochas. Fabrícase con catro motores, dous de gasolina (109 e 135 CV) e dous diésel (105 e 130 CV).
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.