
Peugeot 4007
Peugeot fai a súa entrada no campo dos vehículos 4x4 de tipo SUV (Sport Utility Vehicle) cun novo modelo cuxa lonxitude alcanza os 4,64 metros e vai animado por un motor HDi cun filtro de partículas. Este propulsor con inxección directa common rail e unha caixa de cambios manual de seis velocidades desenvolve unha potencia de 156 cabalos e pode funcionar cun 30% de biocarburante. O 4007, que recupera o dobre cero central -igual que o 1007- reservado aos modelos inéditos, é froito da colaboración entre o grupo PSA Peugeot Citroën e Mitsubishi Motors Corporation, e será comercializado a partir deste mes de xullo.

Peugeot 207 RC
O deportivo Peugeot 207 RC continúa co mito dos pequenos deportivos (205 GTi nos anos 80 e 206 RC máis recentemente). Ten o estilo dinámico do 207 de 3 portas ‘Sport’ co engadido de atributos distintivos, aínda que sen excesivas ostentacións. Baixo o capó, agáchase un motor froito da cooperación coa BMW (monta o mesmo que o Mini Cooper S). Trátase dun bloque turbo con inxección directa de 175 cabalos que proporciona prestacións sorprendentes para un vehículo deste tipo: 220 km/h de velocidade máxima e 7,1 segundos en aceleración de 0 a 100 km/h. Todo iso por un prezo de 22.000 euros.

Peugeot 207 CC
Ao igual que ocorrera co Peugeot 206, a marca francesa realizou unha versión cupé-cabrio. Trátase dun modelo que pretende manter o éxito do seu antecesor e que para iso segue contando cunha capota ríxida pregable de forma automática como unha das súas principais características. Aínda que está homologado para catro pasaxeiros, as dúas prazas traseiras son utilizables unicamente por nenos. Conta con tres opcións: dúas gasolina de 120 e 150 cabalos e unha diésel de 109. Xa se poden atopar unidades nos concesionarios e o seu prezo oscila entre 18.700 e 23.100 euros segundo a versión elixida.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.