Expositores
Land Rover
Range Rover 2008

Range Rover 2008
Land Rover enseña por primeira vez nun Salón Internacional o Range Rover 2008, que ofrece unha serie de novidades no equipamento: climatizador de catro zonas, parabrisas e xaneliñas de "control climático" dispoñibles cos sensores automáticos de luces e chuvia, ou a nova consola central. En canto a mecánicas, o motor tope de gama é o V8 4.2 Supercharged de 396 CV, aínda que cabe destacar o novo TDV8 de 272 CV. O Range Rover Sport, a esencia deportiva de Land Rover, tamén presenta as versións 2008, que introducen novas combinacións de pintura e sutís actualizacións do habitáculo que melloran o acabado do interior.