Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Audi

  • Audi A5
  • Audi S5
  • Audi TT Roadster
  • Audi R8   
Audi A5
Audi A5

Audi A5

LA nova gama A5 ven a incrementar o programa dos modelos da Audi e adopta a tradición dos clásicos cupés de dúas portas. Cunha lonxitude de 4,63 metros, o A5 atópase entre os cupés da gama alta. As súas catro cómodas prazas e un xeneroso volume de maleteiro de 455 litros convérteno nun vehículo confortable para traxectos longos. O dinamismo deste vehículo ven da man dos motores FSI e TDI, cun rango de potencia que vai dos 170 aos 265 CV. Dispoñible a partir deste mes de xuño, o prezo partirá dende os 37.000 euros.
Audi S5
Audi S5

Audi S5

O modelo máis deportivo do A5 será o S5, que combina a tecnoloxía FSI V8 coa tracción integral permanente quattro para converter a este exclusivo modelo nun exemplar único entre os cupés de alto rendemento. Para poder dominar a potencia de 354 cabalos que desenvolve este propulsor, dotouse dun tren da rodaxe de axuste dinámico e dun sistema de freos de alto rendemento. Os seus elementos de deseño, discretos pero exclusivos, e presentes tanto no interior como no exterior, acentúan tamén a deportividade da súa imaxe. O Audi S5 Cupé tamén está dispoñible en xuño a un prezo dende 61.800 euros.
Audi TT Roadster
Audi TT Roadster

Audi TT Roadster

O novo Audi TT Roadster non só herdou todas as virtudes do seu predecesor, de moito éxito, senón que ademais se presenta con maior emoción, potencia e dinamismo. En comparación co modelo predecesor, o novo TT Roadster medrou sobre todo en lonxitude e ancho; e ao igual que o Cupé, a versión Roadster está dispoñible con dous motores de gasolina de montaxe transversal: un catro cilindros coas siglas 2.0 TFSI que desenvolve unha potencia de 200 cabalos e o V6 de 3.189 cc que rende 250 CV. Seguindo a clásica tradición da Audi, dotouse dunha capota de lona, que integra reforzos fabricados en aceiro e aluminio e un cristal de gran tamaño.
Audi R8
Audi R8

Audi R8

Audi fixo a súa entrada no segmento máis esixente do mercado automobilístico da man do deportivo cun motor central R8. Avalado pola ampla experiencia no deporte do motor e no ámbito da construción de automóbiles deportivos Premium, o R8 é sinónimo de máximo dinamismo en marcha, liderado tecnolóxico e fascinante deseño. O propulsor FSI V8 de 420 CV de potencia, a tracción integral permanente quattro e a carrozaría de aluminio fan unha boa carta de presentación do R8, ao igual que a súa gran aptitude para o uso cotián e a típica perfección de Audi en canto a calidade e acabados. As primeiras entregas realizaranse no segundo trimestre do 2007.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.