Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta


Expositores

Alfa Romeo

  • 159 Ti e 2.4 JTD 210
  • Brera e Spider 2.2 JTS Selespeed
  • Alfa Spider 2.4 JTD 200 CV
  • 8C Competizione  
Alfa 159
Alfa 159

Alfa 159

O modelo 159, en carrozaría berlina e Sportwagon, estrea algunhas novidades en cuestión de equipamentos e motorizacións. Debutan as versións deportivas TI (Turismo Internacional), unha sigla que Alfa Romeo utilizaba nos anos setenta e que na actualidade reaparece neste acabado deportivo. Ofrece, entre outros, carrozaría rebaixada, exclusivas rodas de aliaxe de 19 polgadas, faldróns ou instrumentación e interior deportivo. A berlina vai equipada co motor 3.2 V6 Q de 260 cabalos mentres que a versión familiar ‘confórmase’ co 2.4 JTD de 200 CV. Debuta tamén, por outra banda, o novo motor 2.4 JTDM que desenvolve 210 cabalos e conta cun sistema de tracción Q4. 

Alfa Brera
Alfa Brera

Alfa Brera

O deportivísimo cupé de Alfa, o Brera, mostrarase co novo cambio robotizado Seleespeed, co que agora, grazas a un sistema electrohidraúlico robotizado, permite realizar os cambios de marcha, xa sexan de forma manual secuencial ou de modo automático, moito máis rápidos. Ademais, continúa mostrándose intuitivo e sinxelo de empregar. O Brera é un cupé de 4,4 metros de lonxitude con portón traseiro e está deseñado polo prestixioso Giorgetto Giugiaro. Esta novidade que incorpora o Brera tamén está dispoñible no Alfa Spider equipado co motor 2.2 JTS de 185 cabalos.

Alfa Spider
Alfa Spider

Alfa Spider

O Alfa Spider, a versión convertible do Brera, recibe o motor 2.4 JTDM de 200 cabalos de potencia máxima e convértese deste xeito no primeiro modelo spider equipado cun propulsor diésel combinado cun cambio de seis velocidades e en configuración deportiva, o que asegura uns excelentes valores de potencia e par en calquera circunstancia da condución ademais dunha cifra de consumo reducida. Este modelo é un bipraza con capota que, cando está pregada, queda baixo unha cuberta ríxida. Agás as diferenzas debidas ao teito, o Spider comparte a maioría de elementos estruturais e mecánicos co Brera. Deste xeito, motores, suspensión e freos son practicamente os mesmos. 

Alfa 8C
Alfa 8C

Alfa 8C

Producido nun número limitado de unidades, este exclusivo Gran Turismo resume os valores que de sempre caracterizaron á marca italiana: tecnoloxía, emoción e deseño. Elemento clave no redimensionamento do fabricante italiano, este cupé bipraza feito sobre base Maserati converterase no capricho de 500 propietarios moi seleccionados de todo o mundo. Algunhas das súas principais características son a súa carrozaría de fibra de carbono e o motor: un oito cilindros en V cunha cilindrada de 4,7 litros e unha potencia de 450 cabalos.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.