Chega o primeiro coche voador
Chámase Transition e é o primeiro coche voador que ten previsto chegar ao mercado o vindeiro ano, cun prezo próximo aos 132.000 euros. O automóbil, que dispón das catro rodas de calquera automóbil, incorpora unhas ás pregables e ten unha envergadura superior a oito metros e unha hélice na parte traseira. A autonomía de voo sitúase en arredor de 740 quilómetros, cunha velocidade máxima de 185 quilómetros por hora.10.000 pedidos do novo todoterreo GLK de Mercés
A firma alemá Mercés-Benz recibiu ata o momento máis de 10.000 pedidos en pouco máis dun mes do novo todoterreo compacto que supón o quinto automóbil con estas características. A firma recoñeceu a boa acollida que tivo o automóbil desde que o pasado 30 de xuño saíse ao mercado. 190 novos radares controlarán a velocidade nas estradas este verán
Dende a Dirección Xeral de Tráfico prevíronse máis de 46 millóns de desprazamentos por estrada para este mes de agosto, de maneira que dende o Goberno ampliáronse as medidas de vixilancia durante este verán. Son 190 novos radares que controlarán a velocidade na rede de estradas españolas. 130 destes aparellos localizaranse en estradas convencionais, sumándose así ao continxente xa en funcionamento. Deste xeito Tráfico disporá de 765 puntos de control de velocidade ao longo e ancho do país Europa deixa de mercar coches
O baixo índice de vendas de automóbiles no primeiro semestre en España pódese extrapolar agora tamén ao resto de Europa, onde países como Italia cunha baixada do 19,5 por cento en relación ao pasado ano pecha o primeiro semestre con cifras negativas.Grandes cliente das fábricas españolas como Francia e Alemaña, este primeiro semestre tamén notaron o baixón nas vendas.Coches que se conducen coa mente
Científicos da universidade alemá de Braunschweig, desenvolveron un casco que permite conducir modelos de automóbiles mediante sinais cerebrais, sen ningún tipo de contacto directo entre a persoa e o automóbil. Con este descubrimento e o seu correspondente estudo e traballo, ábrese a porta da esperanza para o manexo de cadeiras de rodas, próteses, etcétera.