As matriculacións medran un 43,7 por cento durante a primeira metade de marzo - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coches > Noticias > Actualidade
As matriculacións medran un 43,7 por cento durante a primeira metade de marzo

Copy Geneva Palexpo

Segundo os datos feitos públicos pola Federación de Asociacións de Concesionarios de Automoción, Faconauto, a venda de coches disparouse durante a primeira quincena de marzo, acadando unha suba do 43,7 por cento con respecto ao mesmo período de 2009. A maior parte das operacións en particulares acóllense ao Plan 2000E.

Os datos extraídos do mercado de automóbiles durante a primeira quincena do actual mes de marzo son canto menos esperanzadores de cara a ver unha mellora substancial no sector do automóbil, sobor de todo nas vendas. Hai que lembrar que nos últimos meses a progresiva mellora no mercado fixérase patente cun aumento considerable das matriculacións.

Durante a primeira metade deste mes de marzo, o mercado do automóbil particular medrou un 42,7 por cento, coas vendas de 23.429 unidades, concentrando a maior parte das operacións do Plan 2000E. Ademais, as vendas a empresas de aluguer disparáronse un 76 por cento, con 11.442 unidades vendidas, o que supón tamén unha mellora considerable, nun mercado que aínda rexistraba peores cifras de vendas durante 2009 ca o de particulares.

No referente ás comunidades autónomas, dicir que as vendas medraron en todas durante esta primeira quincena de marzo, con maior progresión acadada na Comunidade Valenciana, que subiu un 112 por cento, seguida de Baleares cun 108 por cento, sobor de todo pola gran porcentaxe de compras por parte de empresas que se adican ao aluguer de coches.

17/03/2010

Últimas noticias

> A DXT ten previsto un papel máis importante para os médicos na seguridade viaria
> O número de permisos e licenzas de condución descendeu un 36 por cento durante 2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.