Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, prevense máis de 4,5 millóns de desprazamentos durante esta longa fin de semana que ten como día festivo o venres en dez comunidades autónomas. Razón pola cal o acrecentamento de desprazamentos de vehículos polas estradas será notable durante estes días.
Ante o panorama previsto nas estradas durante esta ponte de San Xosé, Tráfico puxo en marcha un operativo especial de control e vixilancia na rede de estradas ata o vindeiro domingo 21 de marzo, ás 24 horas. Segundo as previsións da DXT, as maiores densidades circulatorias terán lugar o xoves a primeiras horas da tarde, nas saídas dos grandes núcleos urbanos das comunidades nas que o venres sexa festivo, durante a mañá do venres e tamén no regreso, o domingo pola tarde, sobor de todo entre as 15.00 e as 23.00 horas.
Tanto o xoves como o domingo pola tarde instalaranse medidas de ordenación do tráfico para facilitar a saída e entrada aos grandes núcleos urbanos, respectivamente. Segundo as previsións de Tráfico, os principais destinos dos desprazamentos que se produzan durante esta ponte son zonas turísticas de montaña, para a práctica de deportes de inverno, poboacións con festexos, principalmente no Levante, zonas turísticas e de segunda residencia.
Tráfico dispuxo un operativo que conta con máis de 600 funcionarios e persoal técnico especializado nos seus centros de xestión, ademais de 9.800 Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, así como persoal dos servizos de urxencia tanto sanitarios coma bombeiros. Ademais a DXT conta con 1.332 cámaras de televisión, 2.165 estacións de toma de datos, máis de 1.937 paneis de mensaxe variable e 18 helicópteros cos que as centrais de datos coñecerán o estado das estradas e as incidencias nelas durante todo momento.
Tráfico recomenda seguir unha serie de consellos en estrada:
• Conducir de xeito acougado e realizar descansos cada dúas horas aproximadamente.
• Axeitar a velocidade ás circunstancias e á vía pola que circulamos.
• Manter a distancia de seguridade co vehículo precedente.
• O cinto de seguridade tamén nos asentos traseiros. Especial coidado cos menores.
• Non consumir bebidas alcólicas se imos conducir. A única taxa segura é 0,00.
• Atención aos traxectos curtos nas estradas secundarias, son os máis perigosos.
• Se se viaxa a zonas de montaña, imprescindible levar cadeas ou calquera outro dispositivo antiescorregamento.
• Atención especial ás motocicletas. Son especialmente vulnerables.
• Conducir de xeito eficiente e mantendo a distancia de seguridade.
18/03/2010
Últimas noticias
> As matriculacións medran un 43,7 por cento durante a primeira metade de marzo
> A DXT ten previsto un papel máis importante para os médicos na seguridade viaria
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.