Coches novos, prezos, novas, buscador, fotos, motor... repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coches > Noticias > Actualidade
Grande éxito de público do Salón de Barcelona

Copy Fira Barcelona

O Salón Internacional do Automóbil de Barcelona pechou as súas portas tras recibir máis dun millón de visitas nos seus once días de duración.Trátase dunha cifra moi similar á da anterior edición, celebrada no 2005, que consolida este evento como un dos mellores de Europa dentro do sector da automoción. Enrique Lacalle, presidente do Salón, destacou o “grande éxito de participación e de público” desta 34ª edición.

O éxito desta edición posibilitou a renovación do acordo entre a Fira de Barcelona e a Organización Internacional de Construtores de Automóbiles (OICA), para que a capital catalá acolla dúas edicións máis, nos anos 2009 e 2011, deste grande evento do mundo da automoción, referente en todo o Sur de Europa.

A edición número 34 do Salón Internacional do Automóbil de Barcelona sufriu a falta de espazo no recinto feiral de Montjuïc, que limitou o crecemento do evento. De cara ao 2009 contémplase o seu traslado aos novos pavillóns da Fira, situados no recinto da Gran Vía, unha posibilidade que depende da dispoñibilidade dunha conexión co transporte público entre ambas instalacións.

No transcurso desta edición exhibíronse, dende o 7 até o 17 de xuño, os últimos modelos das 44 marcas presentes, entre as que se presentaron cinco primicias mundiais: o todoterreo Seat Altea Freetrack, o Peugeot 207 SW, o restyling do Kia Picanto, o Citröen C4 Sedán e o Opel Corsa GSI. Unha auténtica mostra do mellor do mundo do motor actual.

Exposicións como a que se centraba “Nos coches de Tintín” ou na emblemática marca Rolls Royce, foron, xunto coas múltiples e variadas actividades ofrecidas, outra das razóns do éxito desta edición. En definitiva, a Fira de Barcelona respiraba motor polos catro costados para o goce dos namorados deste mundo e das súas familias.

Stand Repsol YPF
Como non podía ser menos nunha cita de tal relevancia, Repsol estivo presente no Salón de Barcelona, cun stand informativo, aínda que tamén foi deseñado para seren instalacións lúdicas, onde poder gozar do mundo da competición e do motor.Tres sesións diarias de Free Style, a posibilidade de conducir un quad, participar nunha carreira de MotoGP coa Play Station e as visitas dos pilotos máis importantes foron algunhas das actividades organizadas.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.