
VII.1. - Política de Privacidade
REPSOL YPF e/ou as sociedades pertencentes ou vinculadas ao Grupo REPSOL YPF solicitan en diversos formularios do Portal datos persoais e información dos usuarios para o seu almacenamento e/ou a súa utilización en relación co devandito usuario. Os datos facilitados polos usuarios incorporaranse a un ficheiro automatizado titularidade da sociedade correspondente (de aquí en diante, o "responsábel do ficheiro"). En cada un dos formularios nos que se soliciten datos de carácter persoal o usuario recibirá do responsábel do ficheiro información detallada sobre o tratamento, a súa finalidade, o uso dos seus datos, o carácter obrigatorio ou facultativo das súas respostas, as consecuencias da negativa a proporcionalos e, en xeral, de todas as mencións requiridas pola lexislación aplicábel en materia de protección de datos de carácter persoal, as cales, en todo caso, deberán ser aceptadas expresamente polo usuario. O responsábel do ficheiro comprométese a tratar os datos de carácter persoal dos usuarios de conformidade co estabelecido na normativa aplicábel e, en particular:- a tratar confidencialmente os datos de carácter persoal do usuario aos que teña acceso como consecuencia da súa navegación no portal. Non obstante, o responsábel do ficheiro poderá revelar os datos de carácter persoal e calquera outra información do usuario cando lle sexa requirida por autoridades públicas no exercicio das funcións que teñen lexitimamente atribuídas e conforme ás disposicións que resulten aplicábeis. - a adoptar as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para evitar a alteración, a perda e o tratamento ou acceso non autorizado aos devanditos datos. Sen prexuízo de iso, debido ás actuais condicións de seguridade en Internet, o responsábel do ficheiro non pode garantir o uso ilícito da información dos usuarios por parte de terceiros. En consecuencia, nin REPSOL YPF nin o responsábel do ficheiro garanten nin asumen responsabilidade ningunha polos danos e prexuízos, de calquera natureza, que puidesen derivarse de alteración, da perda, do tratamento, acceso non autorizado ou o uso ilícito da información dos usuarios por parte de terceiros. O usuario comprométese a manter os datos proporcionados ao responsábel do ficheiro debidamente actualizados. O usuario será responsábel dos danos e prexuízos que REPSOL YPF, as sociedades pertencentes ou vinculadas ao Grupo REPSOL YPF e/ou terceiros puidesen sufrir como consecuencia da falta de veracidade, inexactitude, falta de vixencia e autenticidade dos datos facilitados.
VII.2. - O rexistro de usuarios do portal, a contratación, o acceso e o uso de determinados servizos e determinadas aplicacións ofrecidas no portal require do rexistro previo do usuario a través do formulario de rexistro xeral. Os datos achegados polos usuarios no devandito formulario incorporaranse a un ficheiro automatizado titularidade de Repsol YPF, S.A., sociedade con domicilio social en Paseo de la Castellana n.º 278, 28046 Madrid, España, cuxo tratamento estará suxeito á Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e á súa normativa de desenvolvemento. O nome de usuario e o contrasinal elixidos polo usuario no proceso de rexistro son persoais e intransferíbeis. Neste sentido, o usuario comprométese a custodiar dunha forma dilixente o seu nome de usuario e contrasinal, adoptando as medidas que sexan necesarias para evitar a súa perda, subtracción, divulgación a terceiros ou utilización non autorizada.Así mesmo, o usuario comprométese a realizar un uso axeitado e dilixente do seu nome de usuario e contrasinal, é o único responsábel da súa utilización ilícita ou contraria ás presentes Condicións Xerais e ás Condicións Particulares que en cada caso resulten de aplicación.
Descrición: As cookies constitúen unha ferramenta empregada polos servidores Web para almacenar e recuperar información acerca dos seus visitantes. Non é máis que un ficheiro de texto que algúns servidores piden ao noso navegador que escriba no noso disco duro, con información acerca do que estivemos facendo polas súas páxinas. Posúen unha data de caducidade, que pode oscilar dende o tempo que dure a sesión ata unha data futura especificada, a partir da cal deixan de ser operativas. Para maior información visita o sitio do departamento de Tratamento da Información e Codificación dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas de España. Cookies empregadas no Portal de Repsol YPF: Repsol YPF utiliza cookies para facilitar a navegación polo seu portal e para obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos usuarios. As cookies empregadas en repsolypf.com asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu ordenador, non proporcionan referencias que permitan deducir o nome e apelidos do usuario e non poden ler datos do seu disco duro nin incluír virus nos seus textos. Así mesmo, repsolypf.com non pode ler as cookies implantadas no disco duro do usuario dende outros servidores. As cookies empregadas en repsolypf.com se dividen en dous tipos: Cookies de Sesión e Cookies Permanentes: Cookies de sesión: Non se almacenan na máquina do usuario; desaparecen cando finaliza a sesión. Dentro deste grupo está:
Repsol YPF utiliza os servizos dun terceiro, incluíndo a tecnoloxía cookie, para a medición da súa audiencia. No enderezo que se indica a continuación http://www.netratings.com/privacy.jsp?section=leg_scs®ion=sp é posíbel obter información máis detallada sobre a forma en que Repsol YPF recorre aos servizos dun terceiro para recompilar e utilizar información sobre o seu sitio web.
O usuario pode libremente decidir acerca da implantación ou non no seu disco duro das cookies empregadas en repsolypf.com. Neste sentido, o usuario pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar por defecto todas as cookies ou para recibir un aviso na pantalla da recepción de cada cookie e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso suxerímoslle consultar a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega. Aínda cando o usuario configurase o seu navegador para rexeitar todas as cookies ou rexeitase expresamente as cookies de repsolypf.com, poderá navegar polo portal co único inconveniente de non poder gozar das funcionalidades do portal que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies de sesión. En calquera caso, o usuario poderá eliminar as cookies de repsolypf.com implantadas no seu disco duro en calquera momento, seguindo o procedemento estabelecido na sección de axuda do seu navegador.