Os tubos solares conducen a luz natural a calquera estancia da túa vivenda. Os beneficios en canto a calidade de vida, aforro e eficiencia enerxética estarán asegurados no teu fogar. Ademais, non precisan de grandes obras de instalación e o seu mantemento é tan sinxelo que non require de ningún. Máis fácil imposible!
Para que utilizaban os antigos exipcios o petróleo? De cando data o primeiro produto de limpeza? Quen inventou o tubo fluorescente? Que significa PVC? De que material estaba feito o primeiro televisor? Descobre todas as respostas nesta apaixonante viaxe 3D polos recunchos do teu fogar.
Sabes a importancia que a enerxía adquire na túa vida a través do teu fogar? Compróbao, súmate ao compromiso da Eficiencia Enerxética e celebra o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.
Entramos na época do ano con maior número de horas de luz solar e, como non, estes son os meses nos que os teus cerramentos exteriores poden lucir especialmente. Se estás pensando en mellorar o aspecto dos teus valados e reixas metálicos os bos resultados están asegurados se segues unhas sinxelas pautas.
Fíxose sempre, pero parece que o esquecemos. O aproveitamento da auga de choiva e a reutilización da que empregamos foi unha práctica estendida no pasado que agora, grazas aos avances da tecnoloxía, volve ás nosas vidas. Sorprenderate o aforro.
Unha boa fórmula para gozar do sol e as temperaturas agradables é comer e cociñar ao aire libre. Se dispós de xardín, patio ou terraza ampla, é o momento de organizar paellas e grelladas para que goces das túas receitas de sempre con sabores moi distintos. Anímaste?