Segunda vivenda e calefacción: logra que o frío quede fóra - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Aforro enerxético

Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > Energía en Casa > Clima e confort > Reportaxes
Segunda vivenda e calefacción: logra que o frío quede fóra

Só son tres meses. Se o tempo acompaña, nas próximas semanas terás a oportunidade de gozar de paisaxes nevadas e das pistas de esquí. Moitas segundas vivendas están pensadas para aproveitar o inverno pero non todos os propietarios se preocupan polo seu mantemento. Ofrecémosche algúns consellos para coidar a calefacción destas residencias e lograr que o frío quede fóra.

Mantemento, desde a marcha

Pechar unha segunda residencia require algo de paciencia. Ademais de afrontar a volta á rutina –e quizais algún que outro atasco no camiño-, hai que ser coidadoso: estas residencias permanecen baleiras varias semanas e poden xurdir problemas de seguridade. Comprobar que portas e ventás están debidamente pechadas é vital para esquecerse de sustos por posibles roubos. Ao mesmo tempo, contribúe a evitar que o frío se instale no fogar. Procura que a casa se manteña o máis illada do exterior que se poida.

Principal risco: tubaxes conxeladas

Chegar á túa segunda casa para descansar uns días e atopar as tubaxes conxeladas pode arruinarte as vacacións: o xeo non só interrompe a subministración e impide que funcione a calefacción, senón tamén pode provocar que o tubo estale pola presión ou que se produzan filtracións nas paredes. As tubaxes que se atopan no exterior e as situadas nos pisos superiores son as que teñen máis papeletas cando vai frío.

Como previlo?

A mellor solución é cubrir as tubaxes cun illante, como a fibra de vidro. Elixe materiais con moita adhesión e asegura a protección con cinta adhesiva impermeable ou silicona. Ademais, se te ausentas por bastante tempo, baleira de auga o sistema. Evitarás sorpresas.

E como solucionalo?

Por moitas precaucións que se tomen, ás veces a conxelación é inevitable. Unha vez localices as partes afectadas, algo non sempre fácil, débese aplicar calor na zona ata que se desfaga o xeo. Aínda que che pareza mentira, incluso un secador de pelo pode ser útil.

Caldeiras e estufas de gas

Revisalas é obrigatorio. A normativa dita unha periodicidade anual ou bianual en función da caldeira ou tanque, e da comunidade autónoma onde se sitúe a vivenda. Ademais, é recomendable que limpes de forma habitual o dispositivo e prestes atención ao manómetro para comprobar se a presión é correcta. Bótalle unha ollada tamén á color da lapa, pois un exceso de amarelo pode ser indicativo de que algo non funciona de forma axeitada. O mellor é que consultes co manual de instrucións e, se procede, que avises un técnico autorizado.

Lembra ademais que a caldeira non o é todo: purga os radiadores e, se contas cun tanque de gasóleo, de propano ou de butano, non esquezas a súa revisión periódica e procura retirar o exceso de neve e sucidade do aparello cada vez que chegues a casa.

Chemineas en bo estado

As chemineas son máis que habituais nas segundas residencias. Antes de acender o lume por primeira vez esta tempada, convén que comprobes que fumeiro e demais condutos están libres de feluxe ou a inflamable creosota.

Sabías que...

Un bo mantemento tamén prolonga a vida do teu sistema e aforra enerxía? No caso das caldeiras, por exemplo, un coidado axeitado reduce o consumo ata nun 15%.

Artigos relacionados:

-Caldeiras de gas comunitarias, a unión fai a forza 

-O movemento humano, nova fonte de enerxía para casa?   


O máis lido

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.