Un regalo de San Valentín eterno - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Aforro enerxético

Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > Energía en Casa > Benestar no fogar > Reportaxes
Un regalo de San Valentín eterno

Estás buscando algo que perdure no tempo? Se a túa intención é encontrar un regalo para San Valentín orixinal, innovador e duradeiro, pensa nas novas opcións románticas que che ofrecen os regalos fabricados con plástico. Atoparás deseños e pezas que van desde o máis sinxelo ata o máis sofisticado.

Os zapatos e bolsos máis divertidos

calzado e os complementos fabricados con plástico non son novos xa que as vantaxes que ofrece este material, durabilidade, flexibilidade ou limpeza, non pasaron desapercibidas no mundo da moda, pero si o é a filosofía dalgúns fabricantes revolucionarios, que perseguen que o material se imite a si mesmo; así, presentan propostas de plástico orixinais, brillantes e coloristas, asinadas por prestixiosos deseñadores e artistas, como os irmáns Campana, Vivienne Westwood, Gaetano Pesce ou Jean Paul Gaultier, entre outros.Non o dubides máis e sal de compras, encantaranlle.

Alegría e glamour baixo a choiva  

O plástico e a choiva son vellos coñecidos: o gore tex, por exemplo, é imprescindible para impermeabilizar o calzado e as prendas de abrigo, un tecido innovador que o avance tecnolóxico permitiu utilizar.

Algunhas propostas de plástico para a choiva, moi recomendables en datas tan románticas, son as botas, os chuvasqueiros e os paraugas con pequenos corazóns; outros orixinais regalos, perfectos para lucir baixo a choiva, son as fundas de plástico para cubrir o calzado.

Desfile de neoprenos, comeza o espectáculo!

O neopreno reviste as xerras para a auga, a infusión ou o café, e axuda a preservar a calor ou o frío do líquido. Tamén o podes atopar en estoxos para tablets, móbiles, cámaras, portátiles ou outros “gadgets”. E é que as posibilidades cada vez son maiores, encontrando incluso deseños fabricados con poliéster reciclado.De xeito que se está pensando en darlles cor aos “gadgets” esta é unha aposta segura. 

A cor invade a túa cociña

O universo de propostas de plástico para a cociña é inmenso, e en datas tan románticas presenta unha gran variedade de formas que evocan o amor. Inspirados nesta estética, descubrirás todo tipo de moldes para repostería e cubiños de xeo, copas, pratos, ensaladeiras e unha infinidade de alegres y divertidos aparellos. 

Caprichos románticos 

Chamemos así a todos os complementos e accesorios que los fabricantes lanzan, como complemento ao seu produto, en San Valentín, moitos dos cales están fabricados con plástico. 

Broches, pulseiras e colgantes co teu perfume favorito; cofres/neveira para o cava e espectaculares envoltorios para as flores e os doces compoñen algúns dos caprichos románticos máis comercializados neste día.   

Sabías que...

A orixe cristiá desta celebración provén dun sacerdote chamado Valentín que desobedeceu un mandado do emperador romano Claudio II (cara ao ano 270), polo que se prohibía o matrimonio entre mozos, para que os varóns fosen mellores soldados ao non ter familia. O sacerdote casou parellas en segredo, e cando se decatou o emperador, ordenou a súa execución. Esta efectuouse o 14 de febreiro. 

Artigos relacionados:

- Consigue que a túa tapicería dure máis anos 

Descubre os segredos dos cosméticos para a pel


O máis lido

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.