Visión e valores - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Responsabilidade corporativa > Visión e valores
   

Visión e valores

   

Promovemos internamente políticas de actuación nas nosas operacións e áreas de influencia, desenvolvemos os nosos negocios arredor do mundo a través dunha relación de confianza social nos ámbitos onde nos desenvolvemos para cumprir a nosa visión estratéxica: "Ser unha empresa internacional petroleira e gasista integrada, admirada, orientada ao cliente e á creación de valor"

A nosa visión marca o noso horizonte, sempre orientado á sociedade.

Os valores éticos e profesionais da nosa compañía son irrenunciábeis, guían as nosas actuacións e consolídannos como unha empresa socialmente responsábel.

Ollo

Con esta redacción de tan poucas palabras buscamos que cada unha delas englobe todo un concepto. En Repsol, queremos ser:

Unha empresa: única e unida. 
Internacional, pois o noso ámbito expándese pola xeografía mundial. 
Petroleira e gasista integrada: con vocación de integración na cadea de valor dos nosos negocios. 
Queremos ser unha empresa admirada nos ámbitos nos que actuamos: recoñecida neles, polo alto valor engadido, a excelencia na xestión empresarial, a cultura de organización e a calidade da nosa xestión. 
Orientada ao cliente que constitúe o centro de todas as nosas accións, o que ha de permitir crear valor para todos os grupos de interese.

Os nosos valores éticos e profesionais 

As liñas de actuación dos nosos empregados e contratistas están fundamentadas en principios éticos e profesionais que nos permiten desenvolver a nosa actividade baixo criterios de honestidade e transparencia, fortalecendo un vínculo entre a nosa compañía, o seu ámbito e diferentes audiencias. 

Valores éticos 

Os valores éticos son os principios esenciais e perdurábeis dunha organización. Como tal conxunto de principios non necesitan unha xustificación externa, teñen unha importancia intrínseca para os que forman parte da empresa. Son aqueles valores irrenunciábeis e fundamentais da compañía e que deben guiar todas as nosas accións e todos os nosos comportamentos. Son a base sobre a que construímos a confianza mutua dentro da compañía e cara aos grupos de interese.

Os nosos catro valores éticos:

1. Integridade. Comportamento irreprochábel, aliñado coa rectitude e a honestidade. 
2. Transparencia. Información axeitada e fiel do que se fai. Unha información veraz e contrastábel. 
3. Responsabilidade. Asumir responsabilidades e actuar conforme a elas. 
4. Seguridade. Alto nivel de seguridade en procesos, instalacións e servizos, prestando especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e o ámbito local. 

Valores profesionais 

Así mesmo, definimos catro valores profesionais sobre os que sustentamos as nosas vantaxes competitivas. Estes valores profesionais permiten alcanzar a visión, cumprir os compromisos e levar a excelencia á xestión. Son as características que proporcionan unha vantaxe competitiva coas que obtemos beneficios estábeis no tempo mediante medios e formas non doadamente imitábeis por outros competidores:

1. Liderado. Dirección baseada na motivación, a delegación, a responsabilidade, a participación e o traballo en equipo que impulse a organización cara á nova visión. 
2. Orientación a resultados. Unha xestión máis flexíbel, áxil e con procesos eficientes. 
3. Innovación. Actitude de permanente mellora e innovación, asegurando o acceso á información, xestionando o coñecemento e promovendo o desenvolvemento tecnolóxico. 
4. Orientación ao cliente. Anticipación das necesidades dos clientes con rapidez e axilidade

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 25 de maio de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.