
Conseguir lugares sen accidentes é o noso obxectivo; por iso, esiximos un alto nivel de seguridade nos procesos, instalacións e servizos, prestando especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e contorno local.

Modelo enerxético eficiente e sostíbel
A nosa estratexia baixa en carbono é a resposta ao reto de satisfacer unha demanda crecente de enerxía dun modo responsábel dende o punto de vista social e ambiental.

A identificación, análise e seguimento de impactos, o deseño de melloras nos procesos e o investimento en novas tecnoloxías son algunhas das medidas que están a facer realidade o noso obxectivo de minimizar o impacto ambiental.

A ética e a transparencia están incluídas como valores na nosa normativa de obrigado cumprimento de ámbito mundial, como ferramentas para xerar a aprobación e confianza dentro a sociedade.

Asumimos o compromiso cos dereitos humanos e a relación cos grupos de interese como un principio fundamental nas nosas operacións, baseando a nosa actuación nos máis recoñecidos estándares internacionais.

Última actualización: 4 de maio de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.