Bolsa, Información para accionistas de Repsol en Repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Responsabilidade corporativa > Seguridade > Casos de estudo

Xestión da seguridade en plataformas offshore

En Repsol contamos con experiencia en operacións offshore, e levamos a cabo perforacións en pozos en augas profundas, tanto no golfo de México coma noutras partes do mundo.

A continuación, mostramos un mapa coas operacións offshore que levamos a cabo.

Actividades offshore
O 31 de decembro Repsol operaba 258 bloques no mar en 13 países. Na mesma data, tiña participación non operada en 259 bloques no mar en 19 países.
Bloques offshore operados por Repsol
PaísExploraciónDesenvolvementoTotal
Arxentina314
Brasil88
Cuba11
Estados Unidos200200
España201232
Guinea Ecuatorial11
Güiana11
Indonesia11
Libia11
Marrocos44
Noruega11
SURINAM11
Trinidad e Tobago33
Total24216258


Como parte do ciclo de mellora continua revisamos periodicamente os nosos estándares e procedementos, incorporamos as leccións aprendidas, as recomendacións e as mellores prácticas internacionais.

Entre as actuacións realizadas pola compañía para a mellora da seguridade pódense destacar as seguintes:

  • Procesos: Nos procesos para a construción de pozos identifícanse todos os riscos máis significativos e implántanse accións encamiñadas a evitar o dano ás persoas, ao medio e as instalacións.
  • Inspeccións e auditorías: Os nosos pozos e os seus equipos son inspeccionados e auditados por terceiras partes, cubrindo aspectos técnicos e de mantemento. Como moitas das nosas operacións, as actividades na área do Upstream tamén están certificadas por terceiras partes en materia de xestión de seguridade e ambiente. Temos certificacións ISO 14001 nas operacións de Trinidad e Tobago, Casablanca, Poseidón e Bermeo, e OHSAS 18001 en Trinidad e Tobago.
  • Competencias e adestramento: Contamos cun programa formal de xestión de competencias que asegura a especialización técnica de todo o persoal involucrado nas operacións.
  • Planificación de resposta ante emerxencias: Dispoñemos de plans de continxencia en caso de incidentes inesperados en operacións offshore, preparados de acordo ao escenario máis negativo e baseados en regulacións locais, na normativa interna e nas mellores prácticas da industria. Estes plans son revisados e actualizados previamente ao inicio das operacións de perforación, e cando se producen cambios que poidan afectar ao normal funcionamento destas. Os devanditos plans están suxeitos a procesos de aprobación interna, e tamén das autoridades gobernamentais apropiadas no país de operación.
  • Autorización para a perforación: Antes da posta en marcha das operacións de construción de pozos, asegúrase de forma documentada que todos os aspectos técnicos foron correctamente aplicados e verificados.
  • Xestión de contratistas: Dispoñemos de estándares que estabelecen criterios específicos de seguridade en traballos e servizos contratados, entre os que se considera un rigoroso proceso de avaliación e contratación de provedores e servizos, así como inspeccións e auditorías internas e de terceiras partes, anteriores ao inicio das operacións. Os servizos contratados están suxeitos a supervisión e inspección periódica durante as operacións co fin de asegurar que as regulacións locais, as normas internas e as mellores prácticas da industria sexan aplicadas.             

Ademais somos membros activos de OGP (Oil and Gas Producers Association), o principal foro do sector en canto a seguridade, saúde e ambiente, participando nos distintos grupos de traballo para adoptar as leccións aprendidas da industria. Repsol tamén forma parte de distintas iniciativas de resposta ante derramamentos no golfo de México.

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.