Participacións externas e grupos de traballo - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Participacións externas e grupos de traballo

   

Repsol colabora con diferentes organizacións, nacionais e internacionais, mediante a súa participación en comités, grupos de traballo e foros co obxectivo de ser máis competitivos e mellorar en todos os aspectos relativos á responsabilidade social corporativa.

Participaciones externas y grupos de trabajo

Organizacións da Sociedade Civil 
Colaboramos con organizacións e institucións cívicas voluntarias e sociais, como Fundación Once e Cruz Roja, para apoiar accións coma o desenvolvemento base de persoas desfavorecidas, integración social de persoas con capacidades diferentes, igualdade de xénero, transparencia e protección do medio ambiente. 

Asociacións industriais 
Participamos con organizacións de carácter privado do sector enerxético, como IPIECA (International Petroleum Industry Environmental Conservation Association), Arpel (Asociación Rexional de Empresas do Petróleo e Gas Natural de América Latina e do Caribe), OGP (Internacional Asssociation of Oil & Gas Producers) e CONCAWE (Conservation of Clean Air and Water for Europe), principalmente mediante grupos de traballo e comités que pretenden mellorar en aspectos como a eficiencia enerxética, seguridade, protección do medio ambiente e a responsabilidade social en xeral. 

Organizacions internacionais
Participamos con organizacións de carácter internacional coma o Global Compact das Nacións Unidas e a EITI (Extractive Industries Transparency Initiative), tanto no cumprimento das súas iniciativas coma na participación en grupos de traballo. 

Iniciativas Multi-Stakeholder 
Colaboramos con distintas asociacións empresariais e profesionais, ministerios, programas e proxectos, coma o FRC (Foro de Reputación Corporativa), Carta Europea da Seguridade Vial, AEC (Asociación Española para a Calidade) e Proteus 2012, mediante a nosa participación en comités, grupos de traballo e foros.  

  

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.