Provedores e contratistas - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Provedores e contratistas

   

En Repsol dispoñemos dun corpo normativo e un sistema de xestión da nosa cadea de subministración que vela pola integridade nas relacións que a compañía mantén cos seus provedores e contratistas.

En 2010 reforzáronse os aspectos de ética e dereitos humanos na revisión do corpo normativo de compras e contratacións de Repsol.

Polo tanto, Repsol esixe aos seus provedores que cumpran con estándares recoñecidos internacionalmente, como son a Declaración Universal dos Dereitos Humanos de Nacións Unidas e a Declaración sobre os Principios e Dereitos Fundamentais do Traballo da Organización Internacional do Traballo (OIT).

Indicadores de desempeño

Estabelecemos como obrigatorio que os provedores e contratistas, antes de iniciar a súa relación comercial connosco, superen un proceso de cualificación en función da criticidade do ben ou servizo que vaian subministrar. A devandita criticidade fixa a esixencia do proceso de cualificación. En 2010 pasamos de tres (0, 1 e 2) a catro niveis de criticidade: Moi Baixa, Baixa, Media e Alta.

Procesos de cualificación de provedores e contratistas
200820092010
Provedores de bens: 
Cualificados1281.3291.858
Cualificados provisionalmente (1)22536
Non aceptados187696
Contratistas de servizos: 
Cualificados3622.4513.190
Cualificados provisionalmente5535143
Non aceptados73279285

[1] Nalgunhas ocasións, un provedor pode ser "cualificado temporalmente" cando se detecta que non cumpre con algún requisito menor, o que lle impide adquirir o estado de "cualificado". Trátase dunha situación temporal que se considera superábel nun curto período. 

A normativa de compras e contratacións de Repsol esixe a realización de auditorías aos provedores cuxa actividade pertenza a títulos de criticidade alta. En 2010 completáronse 798 auditorías en 13 países.

Auditorías a contratistas e provedores200820092010
Número Total647967798

Ao longo de 2010 obtivemos bens e servizos de 24.077 provedores de 79 países diferentes.

   

Evolución das compras e contratacións (millóns de euros) (1)200820092010
Compras totais8.5726.2517.565
Compras locais7.0705.3246.461
% sobre o total82,48%85,17%85,41%

[1] A diferenza do importe das compras dos anos 2008 e 2009 respecto á facilitada nos informes dos anos anteriores débese a que algúns pedidos sufriron lixeiros cambios polas revisións realizadas nos primeiros meses do seguinte ano.

   

Obxectivos

Obxectivos 2010Grao de avance obxectivos 2010
Avanzar no sistema de xestión de provedores para poder ofrecer un resumo dos resultados dos procesos de cualificación e auditorías a provedores e contratistas.Durante 2010 incorporouse no sistema de provedores a obrigatoriedade de indicar o motivo principal da non cualificación. Dado que esta modificación se realizou durante o exercicio, aínda non dispoñemos de datos que sexan significativos.
Completar a revisión en materia de responsabilidade corporativa do corpo normativo de xestión de provedores.En 2010 completouse a revisión do corpo normativo de compras e contratacións de Repsol e reforzáronse os aspectos de ética e dereitos humanos.


As accións que se levarán a cabo nos próximos anos recóllense no Plan de Sostibilidade 2012Programa 8 (Influír sobre os nosos provedores, contratistas, distribuidores, socios e clientes)


 

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 1 de abril de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.