| Obxectivos 2010 | Grao de avance obxectivos 2010 |
|---|---|
| Continuar coa aplicación dos programas para a redución de compostos orgánicos volátiles (COVs) nas diferentes actividades da compañía. | Realización de programas de detección e eliminación de fugas nas nove refinarías de España, Arxentina e Perú, e en catro das oito plantas químicas en España e Arxentina da compañía. |
| Continuar coas actuacións para a redución dos derramamentos de hidrocarburos. | Aprobación da normativa interna para a xestión de derramamentos mariños e fluviais. Posta en marcha de plans integrais de prevención de derramamentos en actividades de exploración e produción en Arxentina e na área marítima de Tarragona. |
| Continuar coa aplicaciónción dos programas de optimización do consumo de auga noutros centros da compañía. | Realización de programas en oito das nove refinarías en España, Arxentina e Perú, e en dúas plantas químicas en España e Arxentina. |
| Seguir planificando e desenvolvendo Plans de Acción de Biodiversidade (PAB). | Continuación dos PAB desenvolvidos nos bloques 57 (Perú), 16 e Tivacuno (Ecuador) e nas actividades mar adentro en Trinidad e Tobago. Inicio do deseño de novos PAB nas áreas Volcán Auca Mahuida e Llananelo (Arxentina) e no bloque Caipipendi (Bolivia). |
| Identificar e avaliar posíbeis relacións estratéxicas con organismos internacionais. | Análise de diferentes proxectos con ONGs e/ou coa administración pública, en colaboración nalgúns casos coa Fundación Repsol. |
| Continuar coas accións de despregamento da normativa de biodiversidade en todos os negocios. | Realización de accións específicas para consolidar os requisitos incluídos na normativa corporativa e aumentar o coñecemento da importancia da biodiversidade na nosa actividade. Organización dunha xornada con especialistas do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España para o intercambio de boas practicas de xestión. |
| Mellorar a identificación, prevención e minimización de impactos sobre a biodiversidade nas diferentes actividades da compañía. | Realización de catro talleres en España e Arxentina con participación de persoas procedentes de todos os negocios da compañía para a identificación de melloras na xestión ambiental en zonas sensíbeis. |
| Continuar coa revisión e mellora continua do sistema de xestión ambiental da compañía. | Certificación de 12 novos centros segundo a norma ISO 14001. Aprobación da normativa interna para a xestión do risco de seguridade e ambiente en activos industriais da compañía. |
As accións que se levarán a cabo nos próximos anos recóllense no Plan de Sostibilidade 2012:Programa 7 (Control e minimización do impacto ambiental)

Última actualización: 1 de abril de 2010
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.