Durante 2010 analizáronse novas medidas de conciliación, como a flexibilidade horaria e a mellora da xestión do tempo.
Indicadores de desempeño
| Indicadores sociais | 2008 | 2009 | 2010 |
|---|---|---|---|
| Persoas de Repsol (número) (1) | 36.302 | 33.633 | 36.323 |
| Mulleres no cadro de persoal (porcentaxe) | 26% | 26% | 27% |
| People Review (número) | 3.000 | 1.968 | 3.712 |
| Persoas de Repsol que reciben avaliación de desempeño (porcentaxe) | 36 | 39 | 44 |
| Formación por empregado (horas) | 30 | 30 | 34 |
| Mobilidades internas (número) | - | 5.316 | 5.892 |
| Persoas no cadro de persoal con teletraballo (número) | 130 | 516 | 691 |
| Persoas con discapacidade no cadro de persoal (número) | 422 | 544 | 599 |
(1) Os datos de 2008 e 2009 foron revisados por inclusión de datos doutros países ademais de España.
Obxectivos
| Obxectivos 2010 | Grao de avance obxectivos 2010 |
|---|---|
| Avanzar no detalle dos indicadores reportados a nivel país para adecualos aos reportados para España, entre eles o dato de absentismo por país. Adoptar como referencia os indicadores do modelo de xestión para empresas familiarmente responsábeis. | En 2010 avanzouse na información presentada, incluíndo máis indicadores comunicados por país, como: xubilados parciais; redución de xornada e xornada a tempo parcial; directivos e xefes técnicos por país; traballadores de Repsol representados nos Comités de seguridade e saúde; índice de enfermidades profesionais. |
| Promover a integración de persoas con discapacidade no resto de países onde a compañía ten presenza. | En 2010 o conxunto de persoas con capacidades diferentes do cadro de persoal aumentou un 10% con respecto ao ano anterior. |
| Estender as medidas e accións relacionadas coa conciliación laboral ao resto de países nos que está presente Repsol. | Con data 31 de decembro 2010, 691 persoas teletraballaban en Repsol, un 34% máis que en 2009. Ademais, analizáronse novas medidas de conciliación, como a flexibilidade horaria e a mellora da xestión do tempo. |
| Reforzar as canles de atención ao empregado e establecer un sistema formal de tratamento de suxestións e queixas. | Habilitouse na intranet da compañía un formulario de opinión denominado "Axúdanos a mellorar. Dános a túa opinión", mediante o cal os empregados poden expresar e comunicar as súas suxestións e queixas. |
As accións que se levarán a cabo nos próximos anos están recollidas no Plan de Sostibilidade 2012: Programa 3 (Compromiso coa nosa xente)
Enlace relacionado:

Última actualización: 24 de maio de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.