En 2010 levamos a cabo estudos do grao de inserción social de Repsol en operacións con comunidades indíxenas de Bolivia e Perú.

Indicadores de desempeño
En 2010 Repsol destinou 29,99 millóns de euros a proxectos de investimento social que sumados aos derivados de esixencias legais, regulamentarias ou contractuais, supuxeron un total de 35,41 millóns de euros.
| Miles de euros | 2008 | 2009 | 2010 |
|---|---|---|---|
| Investimento social voluntario (millóns de euros) | 28,32 | 30,25 | 29,99 |

Obxectivos
| Obxectivos 2010 | Grao de avance obxectivos 2010 |
|---|---|
| Levar a cabo o estudo do grao de inserción social de Repsol en operacións con comunidades indíxenas de Bolivia e Perú. | En 2010 levamos a cabo os estudos nas operacións con comunidades indíxenas de Perú e Bolivia. |
| Desenvolver accións de difusión da normativa de relación con comunidades indíxenas entre os nosos socios e contratistas. | En Bolivia, mantívose vixente o programa de difusión da Norma de Relacións con Comunidades Indíxenas entre os empregados e provedores da compañía, ademais de difundilo tamén aos dirixentes e poboadores das comunidades veciñas ás áreas de operación. |
| Aprobación da Guía Corporativa de Investimento Social. | Sobre a base da metodoloxía London Benchmarking Group, desenvolvemos o borrador dun procedemento interno para o informe do investimento social, así como unha guía para a planificación estratéxica desta. Ambos os dous proxectos serán aprobados en 2011. |
| Aprobación da Norma Corporativa de Avaliación de Impacto Ambiental, Social e de Saúde (ESHIA) de aplicación mundial por todas as unidades da compañía. | Durante 2010, as unidades de Seguridade e Medio Ambiente, Saúde e Responsabilidade Corporativa de Repsol, traballamos no desenvolvemento da Norma Corporativa de Avaliación de Impacto Ambiental, Social e de Saúde. A súa aprobación está prevista no primeiro semestre de 2011. |
| Desenvolvemento dun estudo para medir os logros e impactos do investimento social dentro do marco de participación no London Benchmarking Group (LBG). | A compañía participou, xunto con outras empresas españolas, na construción dun sistema para medir o investimento social e os logros e impactos dos programas na sociedade. Para iso contamos coa experiencia adquirida do LBG no Reino Unido e das experiencias das compañías que formamos o grupo de traballo. Durante 2011, seguiremos traballando para avanzar na definición dunha metodoloxía común para todas as empresas. |
As accións que se levarán a cabo nos próximos anos están recollidas no Plan de Sostibilidade 2012: Programa 5 (Inserción na Comunidade)

Última actualización: 1 de abril de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.