O proxecto de recuperación e utilización de gases de facho na refinaría de La Plata (Ensenada, provincia de Bos Aires) reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes de combustíbeis fósiles empregados para a xeración de calor de proceso, e son substituídos por gases residuais que, normalmente, se queiman nos fachos.
Na 33.ª reunión da Xunta Executiva do MDL foi aprobada a nova metodoloxía NM0192, proposta por YPF S.A. como AM0055 "Baseline and Monitoring Methodology for the recovery and utilization of waste gas in refinery facilities". Esta era a primeira metodoloxía aplicábel a actividades de proxecto desenvolvidas en refinarías existentes dirixida ao desenvolvemento de usos alternativos do contido enerxético dos gases residuais que son queimados en facho.
Tamén é importante resaltar que a Xunta Executiva do MDL utilizou algúns elementos da metodoloxía AM0055 no desenvolvemento da ACM0012 "Consolidated baseline for methodology for GHG emission reductions waste gas or waste heat or waste pressure based Energy system", amplamente utilizada no desenvolvemento de proxectos.
Outra evidencia da importancia da metodoloxía AM0055 é que, despois da súa aprobación, a Xunta Executiva do MDL aprobou a AMS-III-P "Recovery and utilization of waste gas in refinery facilities", baseada integramente na metodoloxía presentada por YPF S.A. Actualmente existen catro proxectos no mundo que se están desenvolvendo aplicando esta metodoloxía.
O proxecto desenvolvido en La Plata foi aprobado por unha entidade operacional designada no proceso de validación, e obtivo a carta de aprobación emitida pola Oficina Española de Cambio Climático. O proxecto solicitou rexistro a Nacións Unidas en decembro de 2009 e foi aprobado en 2010 como MDL, converteuse no primeiro proxecto deste tipo aprobado a nivel mundial. O proxecto permitirá unha importante redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (aproximadamente 200.000 toneladas de CO2/ano) provenientes do aproveitamento duns gases residuais do proceso, os cales antes eran queimados no facho. O uso do devandito gas en equipos da refinaría despraza en parte o uso dos combustibles gas natural ou fuel.
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.