Apoiamos a integración de persoas con capacidades diferentes

Entre as iniciativas máis importantes desenvolvidas en 2009 destaca a edición do Libro branco
(PDF 2,16 MB) da contratación de persoas con capacidades diferentes, «De las palabras a los hechos». Trátase da primeira publicación desta índole que elabora unha empresa en Europa e que se inscribe no marco dos valores da compañía e do seu compromiso coa sociedade.
O Libro branco recolle a experiencia da compañía con respecto á integración laboral de persoas con discapacidade. No mesmo recolléronse, por un lado, as mellores prácticas postas en marcha durante estes anos, co obxectivo de estendelas e extrapolalas, e por outro, identificáronse as áreas de mellora nas que se deberá traballar durante o próximo período nun proceso de mellora continua.
Entre as accións realizadas en 2009 para a integración, cabe salientar as seguintes:
O camiño percorrido en Repsol nestes últimos anos puxo de manifesto a calidade humana e profesional das persoas que integran a compañía, con independencia do rol e do posto que ocupen nela. En todos os casos, o nivel de compromiso e implicación no proxecto foi exemplar e o programa tivo un grande impacto interno, reforzando a cultura de respecto á diversidade e o orgullo de pertenza á compañía, ademais dun amplo recoñecemento social.
En xuño de 2009, a compañía recibiu o Premio Fundación Empresa e Sociedade na modalidade de discapacidade por traballar de xeito activo na integración de persoas con capacidades diferentes e actualmente constitúe un referente para outras compañías.
Tralo éxito do proxecto en España, os esforzos dirixíronse a estender esta política a todos os países nos que opera a compañía. A 31 de decembro de 2009, o número total de traballadores de Repsol con capacidades diferentes era de 544 persoas (29% máis que o ano anterior): 357 en España por contratación directa, máis 47 por medidas alternativas, o que supón un 2,21% do cadro de persoal, de acordo ao cómputo legal; 108 persoas en Arxentina, 14 en Ecuador, 10 en Perú e 8 en Portugal. Estanse a impulsar accións para integrar na plantilla a persoas con capacidades diferentes no Brasil, USA e Venezuela.
Estamos a impulsar a accesibilidade de todos os espazos. As actuacións da compañía en materia de accesibilidade arquitectónica pensan tanto nos traballadores con capacidades diferentes do seu cadro de persoal, coma nos clientes que acoden aos seus espazos públicos, en especial, ás Estacións de Servizo. O logro de espazos intuitivos, doados de uso e seguros constitúe unha vantaxe para todos.
O noso compromiso para o ano 2010 é levar a cabo accións de accesibilidade en 240 Estacións de Servizo. Repsol está decidida a crear unha cultura de integración de persoas con capacidades diferentes, promovendo a extensión destas accións á rede abandeirada.
Recentemente, publicamos unha guía de Estacións de Servizo accesíbeis cuxo obxectivo é promover a accesibilidade universal e a aplicación do principio de deseño para todos nas Estacións de Servizo, estendendo as nosas mellores prácticas.
A nosa posición non queda so en ser un referente na incorporación ao mundo laboral das persoas con discapacidade, senón que tamén fomenta que os provedores e aliados compartan a nosa experiencia aplicándoa tamén de xeito satisfactorio nos seus respectivos ámbitos. Así, o noso proceso de cualificación de provedores valora positivamente o cumprimento da lexislación de referencia en cada país en materia de integración.

Última actualización: 15 de marzo de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.