Excelencia na xestión - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Responsabilidade corporativa > Calidade
   

Excelencia na xestión

   

No seu compromiso coa calidade, Repsol adopta como referencia dous modelos de excelencia moi similares. EFQM (Fundación Europea para a Xestión da Calidade) e FUNDIBEQ (Fundación Iberoamericana para a Calidade).

A excelencia é unha cultura empresarial, baseada na mellora continua, que implica a asunción de prácticas sobresaíntes na xestión dunha organización. 
Ten en conta tanto os resultados da empresa, como a todos os axentes que inciden neles, o que facilita que mellore a súa xestión e competitividade.

EFQM é o modelo máis estendido en Europa; foi desenvolvido pola Fundación Europea para a Xestión da Calidade en 1988 e entre os seus membros encóntrase Repsol. FUNDIBEQ é o modelo de referencia para os países iberoamericanos; foi desenvolvido pola Fundación Iberoamericana para a Calidade dez anos máis tarde que EFMQ, en 1998, Repsol é un dos patróns fundadores.

As autoavaliacións en Repsol 

A autoavaliación é un exame global, detallado e sistemático de todos os elementos que interveñen na xestión da organización e a súa incidencia nos resultados da organización tomando como referencia un modelo de excelencia empresarial.

A autoavaliación consiste en comparar a xestión da empresa coa dunha organización "teoricamente" excelente, reflectida nos modelos. Búscanse, ademais, evidencias que demostren que os bos resultados da empresa son consecuencia da súa xestión e, polo tanto, sostíbeis no tempo. Como resultado desta análise, identifícanse os puntos fortes e as áreas de mellora da empresa, que servirán de partida para estabelecer programas de mellora.

Todas as unidades de xestión de Repsol deben cumprir o compromiso coa calidade da empresa e realizar autoavaliacións periódicas como se indica na Política de Calidade de Repsol

Durante 2007, realizouse unha profunda revisión da metodoloxía de autoavaliación co fin de mellorar o seu aliñamento coa estratexia do negocio, asegurar a integración de todas as iniciativas de mellora, o seguimento dos plans de acción e conseguir que a función calidade actúe como elemento de xestión do cambio. Todo iso apoiándose na formulación de obxectivos ambiciosos, ligados á creación de valor e contando cun sistema de indicadores co que poder realizar un seguimento e afianzar os procesos de mellora continúa e aumento da eficiencia. As fases da autoavaliación represéntanse na figura seguinte:

   
As autoavaliacións en Repsol
   

Programas de mellora

No compromiso coa calidade estabelécese o propósito de identificar áreas de mellora e estabelecer programas, sustentados no traballo en equipo e na participación de toda a organización. 

Para iso, as unidades desenvolverán proxectos de mellora identificados como consecuencia das autoavaliacións realizadas, dos mecanismos estabelecidos nos sistemas de calidade (análise de non conformidades, queixas de clientes, auditorías internas ou externas), ou outros. A Dirección Corporativa de Organización, Procesos e Sistemas (DCOPS) seleccionará e seguirá, de acordo con estas unidades, os proxectos de mellora cuxo interese exceda o ámbito da unidade que o leva a cabo. 

Dispoñerase así dunha visión global das melloras que se están potenciando na compañía e facilitarase o intercambio de información entre unidades, identificando posíbeis sinerxías e aumentando as iniciativas de traballo en equipo.

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 1 de abril de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.