
Dende o ano 1995, data na que se dotou dun primeiro regulamento de Réxime Interno do Consello de Administración, Repsol YPF mostrou unha especial sensibilidade por asumir principios de autorregulación en materia de bo goberno, consciente da importancia que para as grandes institucións ten contar cun sistema de goberno corporativo que oriente a estrutura e funcionamento dos seus órganos sociais en interese da sociedade e dos seus accionistas.
Ese mesmo ano, 1995, o Consello de Administración aprobou a creación da súa Comisión de Auditoría e Control e da Comisión de Nomeamentos e Retribucións. No ano 2002, a compañía creou ademais a súa Comisión de Estratexia, Investimentos e Competencia e o Comité Interno de Transparencia de Repsol YPF.
En decembro de 2007, a anterior Comisión de Estratexia, Investimentos e Competencia pasou a denominarse Comisión de Estratexia, Investimentos e Responsabilidade Social Corporativa, e pasou a asumir competencias nesta última materia.
Ligazóns relacionadas:

Última actualización: 1 de abril de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.