Información para accionistas e investidores en repsol.com - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Responsabilidade corporativa > Accionistas
   

Accionistas

   

O Grupo asume o compromiso de manter unha transparencia informativa e unha comunicación aberta co conxunto dos mercados financeiros e os seus accionistas.

Os accionistas dispoñen da oficina de información ao accionista onde poden solicitar canta información desexen.

A compañía conta cunha Política de Relación con Investidores.

Accionistas

A principal canle mediante a que informamos da evolución e estratexia da empresa é a páxina web específica de Información para Accionistas e Investidores dispoñíbel en repsol.com. Nela encontrarás, entre outras:  

  • Os diversos informes anuais
  • A información económico-financeira con carácter trimestral
  • Os peches diarios de mercado.
  • Todo o relativo á Xunta Xeral de Accionistas    

Adicionalmente, Repsol dispón dunha Oficina de Información ao Accionista (OIA), na que os accionistas, ben comparecendo nas nosas oficinas, a través do teléfono gratuíto 900 100 100 ou mediante correo postal ou electrónico, poden solicitar canta información poidan necesitar. 

A OIA atendeu durante 2010 unhas 52.000 chamadas, unha media de 200 ao día. As consultas máis habituais centráronse na cotización da acción, a Xunta Xeral, a política e as datas de pagamento de dividendos e os feitos relevantes da compañía. Así mesmo, en 2010, recibíronse preto de 600 correos electrónicos nos que basicamente se solicitaba información sobre Repsol.

A oficina de información ao accionista
Paseo de la Castellana 278- 280
28046 Madrid
Teléfono: 900 100 100
Correo electrónico: infoaccionistas@repsol.com

Política de Relación con Investidores implica formular, dirixir e coordinar as accións necesarias para cumprir os obxectivos de Repsol no ámbito das relacións cos seus accionistas e investidores institucionais e retallistas (actuais e potenciais) e cos analistas financeiros e, en xeral, coa comunidade financeira tanto en España coma no estranxeiro e garantir que a comunicación con eles lles permita ter un coñecemento de Repsol correcto e coherente, co fin de facilitar a toma de decisións.

Enlaces relacionados:

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 4 de maio de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidad Corporativa 2010
Fundación Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.