
Adherímonos no ano 2002 ao Pacto Mundial (Global Compact) das Nacións Unidas, iniciativa que ten o obxectivo de que as empresas acollan, como parte integrante da súa estratexia e operacións, os dez principios relacionados cos dereitos humanos, as condicións laborais, o medio ambiente e a loita contra a corrupción. Ademais formamos parte das redes locais de España (Red Española do Pacto Mundial), Arxentina (Grupo promotor do Pacto Global en Arxentina) e Bolivia (Corporación Boliviana de Responsabilidade Social Empresarial).

Somos, desde o ano 2003, socios fundadores da Extractive Industries Transparency Initiative (EITI), iniciativa que ten o obxectivo prioritario de impulsar un marco de transparencia ante as compañías do sector extractivo e os gobernos dos países anfitrións, co fin de reducir a pobreza e promover o desenvolvemento socioeconómico dos países con recursos extractivos.

A comisión europea está desempeñando un papel principal no esforzo Europeo para facer as estradas máis seguras. Deste xeito institucións, asociacións e compañías teñen a oportunidade de compartir ideas e prácticas a través de Europa, de modo que todos os colaboradores poidan aprender entre eles e gañar coñecementos en canto a como os riscos nas estradas europeas poden ser evitados. Dende 2005 estamos adheridos a esta iniciativa e asinamos a Carta europea da seguridade vial da comisión europea con obxecto de reducir o número de accidentes e vítimas de tráfico.

Somos membro da Fundación Europea para a Xestión de Calidade (EFQM) dende 1996 e participamos activamente en grupos de traballo con empresas líderes (Philips, Siemens, Bosch, Opel, etc.). A EFQM é unha organización sen ánimo de lucro formada por organizacións ou empresas membro e creada en 1988 por 14 importantes empresas europeas para desenvolver o modelo de excelencia europeo.

Repsol é membro fundador do padroado e do comité executivo da Fundación Iberoamericana para a Xestión da Calidade (FUNDIBEQ) dende 1999. FUNDIBEQ ten o obxectivo de promover no ámbito iberoamericano a Calidade e a Excelencia da Xestión.
Repsol é o membro máis activo de FUNDIBEQ, co que participa en comités executivos, avaliación do premio iberoamericano á calidade, grupos de traballo estratéxicos, desenvolvemento do sistema de autoavaliación da xestión sostíbel e na representación de FUNDIBEQ no Global Excellence Model (GEM), organismo que aglutina os modelos de excelencia máis importantes (EFQM, Baldridge, JQA, Fundibeq, etc.)

Con data de 23 de setembro de 2010, o Consello de Administración de Repsol YPF aprobou a adhesión de Repsol YPF S.A. á totalidade do Código de Boas Prácticas Tributarias aprobado polo Foro de Grandes Empresas o 20 de xullo de 2010.

Dende o exercicio 2009, Repsol YPF é membro da Asociación de Emisores Españois, entre cuxos obxectivos se atopa a contribución ao desenvolvemento de estándares elevados de bo goberno corporativo nas sociedades cotizadas.

Somos socios do Instituto de Auditores Internos que ofrece unha atención persoalizada e dedicada aos seus asociados para orientalos, asesorarlos e formalos en todas as áreas da profesión de Auditoría Interna. Entre algunhas das súas actividades pódese salientar a formación continuada por medio de cursos, publicacións, reunións periódicas e traducións.

Repsol YPF Ecuador pertence ao Consorcio Ecuatoriano pola Responsabilidade Social (CERES), quen agrupa a empresas e organizacións que promoven o concepto e as prácticas de responsabilidade social no Ecuador.

Paseo de la Castellana 278-280
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
28046 Madrid (España)
repsolypfteescucha@repsol.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.