coa sección De sol a sol, na que se ofrecen vídeos con entrevistas en exclusiva aos cociñeiros con 3 Soles Repsol.O presidente de Repsol, Antonio Brufau, recibiu hoxe de mans do alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón, o premio concedido á Guía Repsol polo seu compromiso coa gastronomía española e o seu apoio incondicional ao sector durante máis de 30 anos. O premio entregouse en Madridfusión, foro no que, como xa é habitual, se dan cita os máis importantes e destacados cociñeiros e profesionais da cociña internacional, e que supón a difusión da gastronomía española a escala mundial.
Neste mesmo acto, Alberto Ruiz Gallardón, Antonio Brufau e Rafael Ansón, presidente da Real Academia Española de Gastronomía, recoñeceron tamén o labor dos 21 cociñeiros que este ano obtiveron a máxima cualificación de 3 Soles que a Guía Repsol concede ás mellores cociñas do noso país, facéndolles entrega dunha escultura acreditativa, deseñada por Alberto Corazón, ao seu labor e esforzo diarios.
En total, 21 restaurantes destacan nesta edición 2010 pola súa excelencia nos fogóns, un número récord ao que se incorporaron 7 establecementos con respecto á edición anterior, o que demostra o bo momento da gastronomía española, que dende hai anos figura nos primeiros postos do mapa gastronómico mundial.
As 7 novas incorporacións son: Casa Gerardo en Prendes (Asturias), Las Rejas en Las Pedroñeras (Cuenca), Hispania en Arenys de Mar (Barcelona), Vía Veneto en Barcelona, Diverxo en Madrid e dous máis no País Vasco, Zuberoa Oiartzun en Guipúscoa e Etxebarri Atxondo en Biscaia.
De Sol a Sol, nova aposta da Guía Repsol a favor da mellor gastronomía
A Guía Repsol presenta a súa nova canle gastronómica De sol a sol
, na que os usuarios poderán coñecer en exclusiva e visualizar en vídeo os segredos dos 21 mellores cociñeiros de España galardoados con 3 Soles Repsol: as súas receitas favoritas, os seus gustos e preferencias... Ademais, con eles pódense percorrer tamén os lugares con máis encanto turístico e gastronómico do noso país.
Guía Repsol presente en redes sociais
Este ano, ademais, a Guía Repsol adáptase á actualidade e participa activamente en dúas das redes sociais máis estendidas en España, Facebook e Twitter, onde xa conta con 10.000 fans e máis de 300 seguidores dende o seu lanzamento o pasado verán.
Todas estas novidades están dispoñibles en www.guiarepsol.com
, canle que no último ano recibiu máis de 37 millóns de visitas e que conta con todo o que o viaxeiro actual necesita para deseñar unha viaxe á súa medida. Ao cálculo de rutas sobre mapas en 3D, súmanse prácticos servizos, coma información meteorolóxica e consellos para o condutor e o coidado do vehículo, así como propostas semanais de turismo e gastronomía pensadas para o viaxeiro máis esixente.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.