Repsol recibiu o VIII Premio Fundación Empresa y Sociedad na modalidade Discapacidade, por traballar de xeito activo na integración de persoas con capacidades diferentes dende 2005.
A directora xeral de Persoas de Repsol, Cristina Sanz, foi a encargada de recoller o galardón de mans da vicepresidenta primeira do Goberno, M.ª Teresa Fernández de la Vega. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Fundación Empresa y Sociedad, Juan Arena de la Mora, así como dos responsábeis das empresas galardoadas noutras categorías.
Durante a súa intervención, Cristina Sanz sinalou que “para Repsol, a integración de persoas con discapacidade vai máis alá da obriga legal e do noso compromiso coa Responsabilidade Social, e responde á convicción de que a empresa se enriquece coa incorporación das persoas con capacidades diferentes, que achegan un importante valor engadido”.
Os galardóns da Fundación Empresa y Sociedad recoñecen as mellores actuacións empresariais no ámbito da integración de persoas desfavorecidas para promover a competitividade empresarial e a cohesión social. As candidaturas gañadoras foron consideradas polo xurado as mellores para axudar e inspirar actuacións noutras empresas.
O compromiso de Repsol
Repsol traballa de forma activa dende 2005 na integración de persoas con discapacidade, facilitando a súa incorporación nos cadros de persoal e a formación necesaria, así como a sensibilización do resto dos empregados. Dende ese mesmo ano, Repsol forma parte do padroado da Fundación Empresa y Sociedad, coa que tamén colabora a través do Programa Empresa y Discapacidad.
Na actualidade, a compañía conta con 348 persoas con discapacidade no seu cadro de persoal , o 22% en postos técnicos cualificados, e facilita o emprego directo a outras 170 persoas deste colectivo, o que levou a que o Observatorio de Empresa y Sociedad recoñeza a Repsol como a empresa que máis emprego directo creou durante o período 2005-2007. Ademais, a compañía impartiu 18 cursos de formación ocupacional nos últimos 2 anos, dirixidos a 237 profesionais con discapacidade.
Repsol tamén é un referente entre as empresas españolas polo seu continuo esforzo para manter os estándares de accesibilidade nas estacións de servizo e oficinas propias, e por abordar a integración dende unha perspectiva transversal, cun grupo de traballo multidisciplinario (emprego, RRHH, compras, accesibilidade, etc.), que lle permite incorporar as persoas con discapacidade á dinámica habitual da empresa.
En 2008 inaugurou a primeira estación de servizo atendida completamente por un cadro de persoal de 10 persoas con capacidades diferentes. Conta cun modelo de Accesibilidade global en dúas estacións de servizo de Repsol (Madrid e Zaragoza), únicas en España, certificadas en Accesibilidade global por AENOR (norma 170001).
Todas estas accións lévanse a cabo grazas aos diferentes acordos subscritos e á sinatura en 2006 do Convenio Inserta coa Fundación ONCE, que fai posíbel que a integración de persoas con capacidades diferentes sexa unha realidade en Repsol.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.