Antonio Brufau elixido mellor empresario do ano - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Segundo a Federación de Cámaras de Comercio españolas en Europa (FEDECOM)

Antonio Brufau elixido mellor empresario do ano

Nota de Prensa

22 de xuño de 2011 13:37 CET

O presidente executivo de Repsol, Antonio Brufau, recibiu hoxe o premio Empresario do Ano 2010 outorgado pola Federación de Cámaras de Comercio Españolas (FEDECOM) en Europa, que entregou o secretario de Estado de Comercio Exterior, Alfredo Bonet.

Na primeira edición deste galardón, que recoñece o labor realizado por empresarios para fomentar a empresa española no exterior, participaron, entre outros, o presidente da FEDECOM e presidente da Cámara Oficial de Comercio Española en Italia, D. Rosendo Candela, e o director xeral de Comercio e Investimentos, D. José Carlos García de Quevedo Ruiz.

O recoñecemento da FEDECOM ao labor de Antonio Brufau reflicte a crecente actividade do grupo Repsol no exterior, cunha destacada presenza en países da OCDE, enmarcada no seu Plan Estratéxico. Os recentes e importantes descubrimentos e acordos alcanzados pola compañía destacaron á hora do seu recoñecemento como mellor empresario do ano.

Antonio Brufau agradeceu o recoñecemento da federación de cámaras e sinalou que "a internacionalización de Repsol é froito do talento e do esforzo dun equipo de persoas ao que me honra representar e que está integrado por máis de 70 nacionalidades arredor do mundo".

Repsol mantén actividades en máis de 30 países nos cinco continentes que van dende a exploración e produción de hidrocarburos á venda de produtos do petróleo e lubricantes. Dos máis de 40.000 traballadores que emprega Repsol, máis da metade encóntrase fóra de España. Repsol é unha das 10 maiores petroleiras privadas do mundo e a maior de América Latina en activos.

O galardón súmase ao recoñecemento outorgado o pasado mes de decembro ao presidente executivo de Repsol como Líder Empresarial Global, entregado pola Cámara de Comercio de Estados Unidos en España (AmchamSpain). Este galardón recoñece o labor internacional de dirixentes empresariais, españois ou estadounidenses, que contribuísen de xeito notábel a unha globalización económica responsábel.

Federación de Cámaras de Comercio Españolas en Europa

A Federación de Cámaras de Comercio Españolas en Europa é unha asociación internacional sen finalidade de lucro que, creada no ano 1996, reúne as Cámaras Oficiais de Comercio de España estabelecidas en Bélxica e Luxemburgo, Francia, Gran Bretaña, Italia, Portugal e Suíza. Dende xuño de 2002, tamén forman parte da FEDECOM as Cámaras Oficiais de Comercio de España en Tánxer e Casablanca.
O seu obxectivo principal consiste en realizar un seguimento exhaustivo das iniciativas da Unión Europea cunha incidencia directa para o mundo da empresa e as Cámaras Oficiais de Comercio de España en Europa. 

ANTONIO BRUFAU ELIXIDO MELLOR EMPRESARIO DO ANO

De esquerda a dereita: Enrique Santos (vicepresidente FEDECOM), Alfredo Bonet (secretario de Estado de Comercio Exterior), Antonio Brufau (presidente Repsol) Rosendo Candela (presidente FEDECOM)

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.