Repsol colabora co Grupo Leche Pascual na renovación da súa frota de repartición con vehículos máis sostíbeis - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

O proxecto iníciase en Madrid e estenderase a toda España

Repsol colabora co Grupo Leche Pascual na renovación da súa frota de repartición con vehículos máis sostíbeis

  • Os vehículos de repartición do grupo alimentario substituiranse por outros impulsados con AutoGas, o carburante alternativo máis utilizado do mundo.
  • O proxecto, que se inscribe no marco do Foro Pro Clima impulsado polo Concello de Madrid, ampliarase posteriormente a toda a gama de furgonetas dispoñíbeis para uso do Grupo Leche Pascual.
  • O Grupo Leche Pascual eleva ao 4% a súa frota de vehículos sostíbeis 
  • Repsol facilita as instalacións para a recarga de AutoGas na delegación do Grupo Leche Pascual no aeroporto de Barajas

Nota de Prensa

16 de marzo de 2010 13:12 CET

Repsol e o Grupo Leche Pascual puxeron en marcha un convenio de colaboración para facilitar a renovación da frota de vehículos de repartición do grupo alimentario en toda España. 

Hoxe tivo lugar en Madrid a presentación dos primeiros vehículos propulsados por AutoGas que se incorporan á frota do Grupo Leche Pascual. O acto, que tivo lugar nas instalacións do grupo alimentario no aeroporto de Barajas, contou coa presenza de Alberto Ruiz Gallardón, alcalde de Madrid, acompañado por Pedro Fernández Frial, director xeral de Downstream de Repsol, Tomás Pascual, presidente do Grupo Leche Pascual, e Xerónimo González, director xeral de Vehículos Industriais de Mercedes Benz España. 

Como parte deste acordo, Repsol instalou a infraestrutura necesaria para a recarga de gas licuado de petróleo para automoción (AutoGas) na delegación do Grupo Leche Pascual no aeroporto de Barajas, en Madrid. Ademais, Repsol colabora con Mercedes Benz no desenvolvemento dos vehículos de propulsión por Autogas.

O proxecto inscríbese no marco do Foro Pro Clima impulsado polo Concello de Madrid para mellorar a calidade do medio ambiente, promovendo a renovación de frotas de vehículos por outras máis ecolóxicas. Na súa adhesión a este Foro, o Grupo Leche Pascual adquiriu o compromiso de renovar o 6% da súa frota de vehículos con outros menos contaminantes antes de 2012. Agora, alcanza xa o 4% na metade do tempo previsto.

Características do Autogas

O Autogas, unha mestura de propano e butano que se obtén, na súa maioría, directamente de depósitos de gas natural, é o carburante alternativo máis utilizado no mundo. 

Trátase dun combustíbel ecolóxico e seguro, de implantación inmediata, que permite un aforro económico considerábel respecto a outros carburantes tradicionais. O seu uso xera menos emisións, polo que contribúe á mellora rápida e efectiva da calidade do aire nas grandes cidades.

A tecnoloxía de AutoGas permite dotar aos vehículos das seguintes vantaxes técnicas:

  • Combustión máis limpa e completa.
  • Maior duración do motor.
  • Mantemento máis económico.
  • Mesmos rendementos e potencias que con gasolina.
  • Condución suave, silenciosa e sen vibracións.
  • Tempo de recarga similar ao dos carburantes convencionais.
  • O depósito non reduce o espazo do maleteiro. 

En España circulan aproximadamente 3.000 vehículos alimentados con AutoGas. Algúns fabricantes comercializan modelos que utilizan esta fonte de enerxía, que tamén se pode usar en vehículos de gasolina mediante unha sinxela transformación en talleres homologados. En Europa hai máis de 7 millóns de vehículos impulsados con AutoGas, entre eles 1.500 autobuses urbanos de 25 cidades europeas.

Acuerdo Repsol y Pascual

Pedro Fernández Frial, Director Xeral de Dowstream de Repsol; Tomás Pascual Gómez, Presidente do Grupo Leche Pascual e Alberto Ruiz Gallardón, alcalde de Madrid, durante o acto de presentación dos primeiros vehículos propulsados por Autogas do Grupo Leche Pascual.

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.