Repsol pon en marcha a primeira planta de licuefacción de gas de Latinoamérica - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Antonio Brufau e o presidente de Perú, Alan García inauguran a planta de Perú LNG

Repsol pon en marcha a primeira planta de licuefacción de gas de Latinoamérica

  • Ten unha capacidade nominal de 4,4 millóns de toneladas/ano e procesará 17 millóns de m3/día de gas.
  • Forma parte de Perú LNG, un dos proxectos estratéxicos de Repsol no Horizonte 2014. 
  • Repsol ten un 20% no consorcio Perú LNG, formado coa compañía estadounidense Hunt Oil, a coreana SK Energy e a xaponesa Marubeni Corporation.
  • O investimento total, que ascende a 3.800 millóns de dólares, é o maior realizado na historia de Perú.
  • Repsol comercializará en exclusiva toda a produción de gas procedente desta planta, na maior adquisición de GNL realizada pola compañía en toda a súa historia.
  • A subministración de gas natural á planta procede do depósito peruano de Camisea, no que tamén participa Repsol cun 10%. 
  • O proxecto inclúe un gasoduto de 408 quilómetros e unha terminal mariña.
  • A situación do proxecto integrado Perú LNG, cun acceso competitivo á costa leste do Pacífico, consolida a posición de Repsol entre os líderes mundiais en comercialización de GNL.

Nota de Prensa

10 de xuño de 2010 18:00 CET

O presidente de Repsol, Antonio Brufau, e o presidente de Perú, Alan García, inauguraron hoxe a primeira planta de licuefacción de gas de Sudamérica, en Pampa Melchorita, 170 quilómetros ao sur de Lima (Perú).

A planta, que forma parte do proxecto Perú LNG, supuxo un investimento de 3.800 millóns de dólares, o maior investimento realizado na historia de Perú nun único proxecto. O acto contou tamén coa presenza de diversas autoridades gobernamentais, políticas e económicas do país, así como representantes de Repsol e dos seus socios no consorcio que desenvolve o proxecto.

Repsol participa cun 20% no citado consorcio, formado xunto coa estadounidense Hunt Oil (50%), a surcoreana SK Energy (20%) e a xaponesa Marubeni Corporation (10%).

A planta, cunha capacidade nominal de 4,4 millóns de toneladas/ano, procesará 17 millóns de m3/día de gas, o que equivale, aproximadamente, a un 15% do consumo anual en España. Conta cos dous maiores tanques de almacenamento de Perú (con 130.000 m3 de capacidade cada un deles) e unha terminal mariña de máis dun quilómetro que recibirá buques con capacidades de entre 90.000 m3 e 173.000 m3.

A subministración de gas natural procede do depósito Camisea, no que tamén participa Repsol cun 10%, e realízase a través dun gasoduto de 408 quilómetros de lonxitude cuxa construción forma parte do proxecto Perú LNG. 

Ademais, o proxecto contempla a comercialización en exclusiva por parte de Repsol de toda a produción da planta, de acordo co contrato subscrito con Perú LNG que terá unha duración de 18 anos dende a súa entrada en operación comercial. Polo seu volume, trátase da maior adquisición de GNL realizada por Repsol en toda a súa historia.

Adicionalmente, Repsol conta cun contrato de subministración de gas natural licuado (GNL) á terminal de gas natural no porto de Manzanillo, nas costas mexicanas do Pacífico. O contrato contempla o abastecemento de GNL á planta mexicana durante un período de 15 anos, cun valor estimado de 15.000 millóns de dólares e un volume de máis de 67 bcm, que equivale a preto do dobre do consumo anual en España. 

Durante a construción da planta desenvolvéronse distintos proxectos sociais e ambientais na zona con máis de 20.000 familias, que participaron en programas para a mellora de competencias agrícolas e o reforzo das pequenas e medianas empresas da área, entre outros. 

O negocio do GNL en Repsol

Repsol desenvolve na área de GNL unha política que reforza a súa posición competitiva neste negocio, clave para o seu crecemento a medio e longo prazo. A compañía é un dos líderes mundiais en comercialización deste produto.

En setembro de 2009 Antonio Brufau inaugurou en Canadá a planta de regasificación Canaport LNG, a primeira deste tipo que se construía na costa leste de Norteamérica en trinta anos e a primeira de Canadá. A planta, cunha capacidade de subministración de ata 28 millóns de m3/día de gas, conéctase a través do gasoduto de Brunswick coa rede que subministra a fogares e industrias en Canadá e o nordés de EE.UU. Conta con capacidade suficiente para subministrar ata o 20% da demanda de gas de Nova York e Nova Inglaterra

Repsol en Perú

Dende hai máis de 50 anos, Repsol desenvolve en Perú actividades de exploración de petróleo e gas, fabricación, distribución e comercialización de produtos petrolíferos, e é considerada como unha das primeiras empresas por volume de facturación e un dos máis importantes contribuíntes fiscais do país.

A compañía iniciou en 1995 as súas actividades exploratorias e na actualidade posúe participacións en oito bloques, é operador en catro deles, dous nas concas do río Marañón e outros dous na conca do río Ucayali. En agosto de 1996 Repsol adquiriu a refinaría de La Pampilla, a instalación de refino máis importante de Perú, que foi obxecto dun constante plan de investimentos para a súa modernización. 

En canto a comercialización de produtos, Repsol é un dos principais operadores do sector, con de máis de 230 estacións de servizo distribuída en case todo o país. Alén diso, realiza vendas directas, industriais e de combustíbel para aviación e é líder no mercado peruano de GLP (gases licuados do petróleo).

Pica aquí para acceder a máis información sobre o negocio do GNL

Antonio Brufau y Alan Garcia

O presidente de Repsol, Antonio Brufau, explicou hoxe ao presidente de Perú, Alan García, os plans da compañía no país latinoamericano con motivo da posta en marcha da planta de licuefacción de gas máis importante do continente.

Mapa de localización

Mapa Perú

Planta de Perú LNG

Planta Perú LNG

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.