Repsol é a petroleira máis transparente e sostíbel do mundo - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Segundo os prestixiosos índices de sostibilidade Dow Jones

Repsol é a petroleira máis transparente e sostíbel do mundo

  • Repsol sitúase como líder mundial do sector Oil&Gas, coa máxima puntuación posíbel, tanto no índice global coma no europeo, superando a compañías como Eni, Total, BG Group e Petrobras, entre outras.
  • Só 20 empresas españolas superaron a rigorosa selección que permite formar parte destes índices.
  • Obtén a máxima puntuación posíbel en transparencia, xestión de riscos e crises, sistema de xestión ambiental, biodiversidade, estratexia fronte ao cambio climático, refinamento e combustíbeis limpos, desenvolvemento do capital humano, impacto social na comunidade e implicación coas súas partes interesadas.
  • É a compañía mellor cualificada do seu sector polas súas relacións co cliente, estándares para provedores e contratistas, así como por responsabilidade corporativa e filantropía.
  • Antonio Brufau: «O liderado obtido por Repsol nos Dow Jones de 2011 responde ao esforzo realizado en todos os ámbitos da compañía, que integra na súa cultura corporativa as mellores prácticas en materia de sostibilidade e transparencia».       

Nota de Prensa

8 de setembro de 2011 16:45 CET

Repsol situouse como líder do sector Oil&Gas na edición 2011 dos prestixiosos Dow Jones Sustainability Indexes, ao acadar a máxima puntuación entre as 12 petroleiras que se incluíron no índice global (DJSI World), de entre as 118 compañías petroleiras avaliadas de todo o mundo. A compañía tamén lidera o sector Oil&Gas no índice europeo (DJSI Europe) que inclúe 3 empresas europeas.

A compañía foi cualificada coa máxima puntuación posíbel do índice DJSI World nos criterios de transparencia, xestión de riscos e crises, sistema de xestión ambiental, biodiversidade, estratexia fronte ao cambio climático, refinamento e combustíbeis limpos, desenvolvemento do capital humano, impacto social na comunidade e implicación coas súas partes interesadas.

Tamén obtivo a máxima cualificación do seu sector en xestión da relación co cliente, responsabilidade corporativa e filantropía, e en estándares para provedores e contratistas.

Repsol forma parte dende 2006 dos prestixiosos índices de sostibilidade global, Dow Jones Sustainability Index World (DJSI World), e europeo, Dow Jones Sustainability Index Europe (DJSI Europe). DJSI analiza e avalía, a través dun rigoroso proceso, o comportamento e desempeño das empresas en diferentes criterios pertencentes ás dimensións económica, social e ambiental.

Dende a súa inclusión nos DJSI, Repsol sempre se situou como unha das mellores compañías do seu sector. O liderado obtido nesta última edición de 2011 responde ao esforzo realizado en todos os ámbitos da compañía, impulsado polo seu equipo xestor, por mellorar no seu desempeño. Este recoñecemento demostra o firme compromiso de Repsol coa transparencia e a responsabilidade corporativa, e os valores éticos, ambientais e sociais que forman parte da súa cultura corporativa.

Dow Jones Sustainability Index é unha familia de índices bolsistas cuxos integrantes deben acreditar prácticas avanzadas nos distintos aspectos que constitúen a responsabilidade corporativa. Só un 10% dos 2.500 valores que forman parte do Dow Jones Global Index, constituído por compañías que cotizan nos principais mercados do mundo, forman parte de Dow Jones Sustainability Index, tras superar un rigoroso proceso de análise e selección. 

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.