Repsol YPF eleva a súa previsión de recursos e reservas do descubrimento de hidrocarburos na formación Vaca Muerta a 22.807 millóns de barrís equivalentes de petróleo (mbep) - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

De acordo coa avaliación realizada pola auditora internacional de reservas e recursos de hidrocarburos Ryder Scott

Repsol YPF eleva a súa previsión de recursos e reservas do descubrimento de hidrocarburos na formación Vaca Muerta a 22.807 millóns de barrís equivalentes de petróleo (mbep)

  • Os recursos prospectivos brutos alcanzan os 21.167 Mbep nunha área de 8.071 km2 (onde Repsol YPF ten unha participación neta de 5.016 km2).
  • Os recursos continxentes brutos ascenden a 1.525 Mbep (sobre unha área aproximada de 1.100 km2, onde YPF ten unha participación neta de 834 km2). Adicionalmente, e para a mesma zona, xa se traspasaron ao libro de reservas (3P) de Repsol YPF 116 mbep.           

Nota de Prensa

8 de febreiro de 2012 21:00 CET

Repsol YPF encargou a Ryder Scott, compañía internacional especializada na certificación de reservas e recursos de hidrocarburos, unha auditoría externa das súas reservas e recursos continxentes e prospectivos non convencionais (shale oil/gas) procedentes da formación Vaca Muerta, situada en determinadas concesións da cunca neuquina. A avaliación técnica das reservas probadas cumpre cos criterios formais esixidos pola Comisión Nacional de Valores de Arxentina e a U.S. Securities and Exchange Commission. Igualmente, a avaliación dos recursos continxentes e prospectivos cumpre cos criterios formais esixidos pola Comisión Nacional de Valores de Arxentina e as liñas do Petroleum Resources Management System de la Society of Petroleum Engineers. 

Estímase que a formación Vaca Muerta se estende sobre unha superficie total duns 30.000 km2 (7,4 millóns de acres), da que YPF ten unha participación neta duns 12.000 km2 (3 millóns de acres). Os primeiros resultados indicarían que un 77% da súa área sería petróleo e o resto se repartiría entre gas húmido e gas seco. 

O estudo realizado por Ryder Scott abrangue unha área total de 8.071 km2 (1.994.378 acres), onde Repsol YPF ten unha participación neta de 5.016 km2 (1.239.407 acres) dentro da conca neuquina. 

O devandito traballo diferencia os volumes totais entre recursos prospectivos, recursos continxentes e reservas probadas, probábeis e posíbeis (as definicións detállanse no ANEXO IV).

Recursos e reservas da formación Vaca Muerta 

Gross (100%)Neto YPF
Petróleo (Mbbl)Condensado (Mbb)Gas (Mbep)Total ([Mbep)Petróleo (Mbbl)Condensado (Mbbl)Gas (TCF)Total (Mbep)
Recursos prospectivos5.73239615.03821.1673.9662248.16112.351
Recursos continxentes1.11504101.52588303301.213
Reservas 3P8103511681035116
Posíbeis33015483301548
Probábeis25011352501135
Probadas23010332301033

Fonte: Ryder Scott -1 bep = 5,615 miles de pés cúbicos de gas   

Os estudos determinaron, nunha área de 1.100 km2 unha estimación de recursos continxentes asociados de 1.115 Mbbl de petróleo e 410 Mbep de gas, é dicir, un total de 1.525 Mbep. Para a participación de YPF, estes recursos continxentes serían 883 Mbbl de petróleo e 330 Mbep de gas, un total de 1.213 mbep. 

Para poder chegar a estas estimacións do potencial da área, YPF realizou un esforzo técnico en tempo récord liderando a exploración de recursos non convencionais en Arxentina, tras revisar todas as tecnoloxías exitosas en EUA, adaptándoas aos requirimentos xeolóxicos do país. Para iso contou coa colaboración de empresas líderes no desenvolvemento shale en EUA que ademais, froito das expectativas que o shale Vaca Muerta xerou, decidiron asociarse con YPF en diversas áreas para a súa exploración. O equipo técnico de Repsol YPF foi capaz de desenvolver dende 2009 un proxecto que nas súas fases de exploración, delineación e inicio do desenvolvemento da formación Vaca Muerta requiriu máis de 300 millóns de dólares. A 31 de decembro de 2011, xa se produciran máis de 700.000 barrís de petróleo equivalente procedentes da formación Vaca Muerta. 

Os positivos resultados obtidos alentan a continuar coa actividade de exploración, para definir a extensión e produtividade do depósito tanto nas áreas de petróleo, coma nas de gas e gas húmido de toda a conca. Continuando coa actividade, YPF, nalgúns casos soa e noutros conxuntamente con diversos socios, realizará a perforación e terminación de 20 pozos exploratorios no ano 2012 para continuar investigando o potencial dos recursos prospectivos.

Con estes resultados, ata a data, Arxentina ten a posibilidade de replicar a revolución que os hidrocarburos non convencionais significaron para Estados Unidos, mediante o desenvolvemento masivo dos recursos da formación Vaca Muerta. 

O desenvolvemento da área delineada por YPF, en 1.100 km2, cuns recursos continxentes brutos de 1.525 Mbep, podería facer posible incrementar nun 50% a produción actual de petróleo de Arxentina. Para iso sería necesario acometer un plan de investimentos duns 28.000 millóns de dólares (brutos ao 100%) nos próximos anos para a realización de case 2.000 pozos produtivos de petróleo, para o cal serían necesarios 60 equipos de perforación adicionais aos existentes no país. 

De confirmarse os resultados positivos dos pozos exploratorios en curso na área de gas, poderíase incrementar a produción de gas do país un 50%. Para iso requiriríase, nunha primeira etapa, perforar máis de 1.000 pozos cun investimento superior aos 14.000 millóns de dólares nos próximos anos, requiríndose 40 equipos de perforación adicionais aos existentes no país actualmente. 

Estes 100 novos equipos adicionais de perforación, para petróleo e gas, máis que duplicarían o parque actual arxentino que ascende a 80 unidades. 

En caso de resultar exitosa a exploración en toda a formación Vaca Muerta e iniciar inmediatamente o desenvolvemento intensivo da área, en 10 anos poderíase duplicar a capacidade de produción de petróleo e gas actual de Arxentina. Para iso sería necesario realizar un enorme esforzo investidor que alcanzaría os 25.000 millóns de dólares por ano para poder desenvolver todos os recursos prospectivos existentes.

Un programa de tal magnitude esixe unha importante achega de capital a Arxentina dos mercados internacionais; unha potente industria nacional (equipamento, servizos, etc.) e uns recursos humanos competitivos e de alta cualificación técnica xa que, na captación de todo tipo de recursos Arxentina compite con outros desenvolvementos similares no mundo (Estados Unidos de América, China, Australia, Europa do Leste, etc.). 

Anexos PDF (768KB).

Descargar Acrobat Reader

Este documento non constitúe unha oferta ou convite para adquirir ou subscribir accións, de acordo co establecido na Lei 24/1988, do 28 de xullo, do Mercado de Valores e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, este documento non constitúe unha oferta de compra, de venda ou de troco nin unha solicitude dunha oferta de compra, de venda ou de troco de títulos valores en ningunha outra xurisdición. Algún dos recursos mencionados non constitúen á data reservas probadas e serán recoñecidos baixo o devandito concepto cando cumpran cos criterios formais esixidos pola Securities and Exchange Commission dos Estados Unidos de América. Este documento contén información e afirmacións ou declaracións que constitúen estimacións ou proxeccións de futuro sobre Repsol YPF. As devanditas estimacións ou proxeccións poden incluír declaracións sobre plans, obxectivos e expectativas actuais, incluíndo declaracións en relación con tendencias que afecten á situación financeira de Repsol YPF, ratios financeiros, resultados operativos, negocios, estratexia, concentración xeográfica, volumes de produción e reservas, gastos de capital, aforros de custos, investimentos e políticas de dividendos. As devanditas estimacións ou proxeccións poden incluír tamén asuncións sobre futuras condicións de tipo económico ou de calquera outro tipo, tales como os futuros prezos do cru ou outros prezos, marxes de refino ou márketing e tipos de cambio. As estimacións ou proxeccións de futuro identifícanse xeralmente polo uso de termos como "espera", "anticipa", "prognostica", "cre", "estima", "aprecia" e expresións similares. As devanditas declaracións non constitúen garantías dun futuro cumprimento, prezos, marxes, tipos de cambio ou de calquera outro suceso, e encóntranse suxeitas a riscos significativos, incertezas, cambios e outros factores que poden estar fóra do control de Repsol YPF ou que poden ser difíciles de prever. Entre tales riscos e incertezas están aqueles factores identificados nos documentos rexistrados por Repsol YPF e as súas filiais na Comisión Nacional do Mercado de Valores en España, na Comisión Nacional de Valores en Arxentina, na Securities and Exchange Commission dos Estados Unidos de América e no resto de autoridades supervisoras dos mercados nos que se negocian os valores emitidos por Repsol YPF e/ou as súas filiais. Salvo na medida que o requira a lei aplicable, Repsol YPF non asume ningunha obriga -aínda cando se publiquen novos datos ou se produzan novos feitos- de informar publicamente da actualización ou revisión destas manifestacións de futuro. A información incluída neste documento non foi verificada nin revisada polos auditores externos de Repsol YPF.

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.